O Congreso do Partido Popular Europeo (PPE) elixiu onte en Dublín a Jean Claude Juncker, o ex primeiro ministro de Luxemburgo, como candidato do grupo do PPE para a Presidencia da Comisión Europea
Neste Congreso participaron 2.400 representantes provenientes de 73 partidos políticos e de 39 países diferentes.
Dos 627 votos emitidos polos membros do Congreso con dereito a voto, 382 votaron por Jean-Claude Juncker, mentres Michel Barnier, o Comisario Europeo de mercado interior e servizos, recibiu 245 votos.
A delegación do Partido Popular de España, a segunda máis numerosa, e integrada por 58 persoas, apoiou a este candidato.
Neste Congreso interveu Mariano Rajoy que sinalou que "os problemas aos que nos enfrontamos non teñen solución sen Europa e sen a forza da unidade dos europeos. Alégrome de ser capaces, entre todos, de traballar para axudarnos os uns aos outros a superar esta crise que espero pronto deixemos atrás. Esta é a peor crise económica que viviu Europa desde o fin da Segunda Guerra Mundial e alégrame dicir que a estamos superando cumprindo cada un de nós cos nosos compromisos e unindo os nosos esforzos no marco da UE".
Destacou que "este gran esforzo colectivo empeza a dar froitos e debemos sentirnos orgullosos da nosa tarefa. Sabemos que queda moito por facer, sobre todo hai moitos países na UE, e particularmente o meu, que teñen un problema de desemprego moi importante, pero non podemos esquecer que fai un ano e medio en Europa falábase de que ía pasar co euro, de que países ían ser rescatados, de como estaba a prima de risco, de recesión económica e de canto aumentaba o paro. Hoxe, en Europa, xa se fala doutra cousa: fálase de canta vai ser a recuperación, de cando imos empezar a crecer de xeito sostido e estable e de canto emprego vaise a crear".
Subliñou que "as cousas cambiaron e isto débese, sobre todo, ao compromiso de quen formamos parte do PPE". "recibimos todos moitas herdanzas que a ninguén lle gustou recibir e as decisións valentes tomáronas os gobernos do PPE. Debemos seguir traballando nesa dirección e debemos continuar o proceso de integración da UE. demos pasos case decisivos na unión bancaria, con eses pasos asentamos as bases para que crises como as que vivimos non se volvan a repetir, pero aínda hai que seguir traballando na unión económica e na unión fiscal", explicou.
Trala súa elección como candidato EPP, Jean Claude Juncker enfatizóu: "temos que explicar por que a UE non é un fenómeno do pasado, senón unha necesidade do futuro. Grazas pola confianza que me deches. Imos gañar estas eleccións."
Agora queda pendente o nomeamento do candidato que encabece en España a lista do Partido Popular.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.