lunes, 31 de marzo de 2014

Peche orzamentario de 2013 nas administracións públicas e control do déficit

Hoxe o ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro, acompañado dos secretarios de Estado de Facenda, Miguel Ferre, de Orzamentos e Gastos, Marta Fernández Currás, e de Administracións Públicas, Antonio Beteta, explicaron os datos do peche orzamentario de 2013 nas administracións públicas.

Administración central:

A Administración central rexistrou un déficit de 44.326 millóns de euros, o que representa o 4,33%. A desviación sobre o seu obxectivo débese, fundamentalmente, á ejecución das políticas sociais. O Estado tivo que transferir case 30.000 millóns de euros á Seguridade Social, dos que 16.396 foron ao Servizo de Emprego Público Estatal e 13.401 millóns ao sistema da Seguridade Social para pensións non contributivas, complementos a mínimos, etc. A Administración central é a principal garante do Estado de Benestar, e ese compromiso de solidariedade coas políticas sociais é o motivo máis importante desa desviación do obxectivo.

Comunidades Autónomas:

As Comunidades Autónomas continuaron realizando un extraordinario esforzo de consolidación durante todo o ano pasado, pechando cun déficit do 1,54% do PIB, fronte ao 1,86% que rexistraron en 2012. Esta cifra supón 15.781 millóns de euros de déficit.

Seis comunidades autónomas incumpliron os seus respectivos obxectivos de déficit público, malia o cal o ministro de Cristóbal Montoro, valorou o esforzo de contención efectuado portodas as rexións.

As comunidades que superaron os límites preestablecidos foron Murcia (3,17 % fronte a 1,59), Comunidade Valenciana (2,33 fronte ao 1,60), Castela-A Mancha (2,13 fronte ao 1,30), Aragón (2,06 fronte ao 1,30), Cataluña (1,96 fronte ao 1,58) e Navarra (1,55 fronte ao 1,20).

O resto de comunidades cumpriron cos obxectivos, de maneira que Andalucía pechou co 1,55 % respecto ao 1,58 previsto; Asturias cumpre co 1,06 %; Baleares situouse por baixo co 1,28 fronte ao 1,47; Canarias no 1 % fronte ao 1,20; Cantabria no 1 % tamén fronte ao 1,13 e Castela e León 1,10 en lugar do 1,27.

Tampouco superaron o seu límite Estremadura co 0,99 respecto ao 1 previsto, Galicia (co 1,10 fronte ao 1,20), Madrid (1,01 fronte ao 1,07), A Rioja (1,04 fronte ao 1,06) e País Vasco (1,08 fronte ao 1,20). 
Corporacións Locais
Durante 2013 as Corporacións Locais presentaron un superávit de 0,41 puntos do PIB, que prácticamente duplica o resultado positivo do ano anterior.

Este saldo é consecuencia dun incremento dos recursos non financeiros nun 1,9% e dunha contención nas partidas de gasto do 1,2%, en parte derivado do sistema de financiamento. As partidas de gasto sobre as que podían actuar redúcense en 308 millóns de euros en contabilidade nacional. A maior parte do aforro provén dos gastos de capital. As entidades máis endebedadas deberán destinar o superávit a reducir este nivel de endebedamento.
Administracións da Seguridade Social:

Para rematar, as Administracións da Seguridade Social rexistraron en 2013 un déficit de 11.861 millóns de euros, un 1,16 por cento do PIB, un 16,73 por cento máis que no exercicio anterior e 0,24 puntos por baixo do obxectivo de déficit do 1,40 por cento.

Esta cifra é consecuencia dun descenso nos ingresos por cotizacións sociais dun 2,4%, aínda que compensado con maiores transferencias do Estado ao Sistema (un 35,6% máis), e dun crecemento do 4,2% en prestacións (contributivas e non contributivas), incremento directamente relacionado co maior número de pensións e co maior importe da pensión media.

O Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE) presentou resultado positivo nas súas contas, cun superávit de 1.140 millóns en contraste co déficit de 292 millóns rexistrado en 2012. En términos do PIB supón unha mellora de 0,14 puntos porcentuais.