No Funeral de Estado por Adolfo Suárez

Asistín esta tarde na Catedral de Santa María a Real da Almudena de Madrid ao Funeral de Estado polo Excmo. Sr. D. Adolfo Suárez González, Presidente do Goberno e Duque de Suárez, falecido o pasado domingo, 23 de marzo.

Os Reis, acompañados polos Príncipes de Asturias, presidiron o funeral ao que asistiu o presidente do Goberno, a vicepresidenta e o resto de membros do Gabinete, a excepción do ministro de Economía e Competitividade, de viaxe en Atenas por compromisos comunitarios.

Ademais de familiares e amigos de Suárez, á cerimonia tamén acudiron os máximos responsables das máis altas institucións do Estado, todos os presidentes autonómicos e numerosos representantes estranxeiros, así como os expresidentes do Goberno Felipe González, José María Aznar e José Luís Rodríguez Zapatero.

A cerimonia relixiosa foi presidida polo cardeal arzobispo de Madrid, Antonio María Rouco Varela.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.
Con la tecnología de Blogger.