domingo, 30 de marzo de 2014

Proxección de resultados das vindeiras elecciones ao Parlamento Enropeo

Cada día están mais preto as eleccións ao Parlamento Europeo que se celebran en datas comprendidas entre o 22 e o 25 de maio.

¿Quen gañará estas importantes eleccións?

A composición final e oficial do novo Parlamento Europeo (PE) só se coñecerá na súa sesión constituiente que terá lugar do 1 ao 3 de xullo de 2014.

Pero segundo o estado actual da opinión pública nos Estados membros da Unión Europea, o Parlamento Europeo e o seu contratista TNS Opinión presentaron unha proxección semanal do reparto dos escanos no hemiciclo da Eurocámara (do 3.2.2014 ao 20.3.2014)

Advirten que non se trata dunha enquisa sobre intencións de voto, senón dunha instantánea do estado actual da opinión pública nos Estados membros da Unión Europea ante as eleccións europeas de 2014.


- Reparto de escanos segundo este estudo:

O PPE, a familia política do centrodereita europeo gañaría as eleccións e obtería o 28,10 % dos votos e 211 escanos.

A Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas S&D, quedaría en segundo lugar, co 27,43 % dos votos e 206 escanos.

A Alianza dos Demócratas e Liberais por Europa (ALDE), sería a terceira forza co 8,26 % e 62 escanos.

O Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), chegaría ao 6,92 % e con 52 escanos sería a cuarta forza.

O Partido Verde Europeo alcanzaría o 5,73 % dos votos e tería 43 escanos, situándose en quinto lugar.

En sexto lugar aparece a Alianza Europea de Conservadores e Reformistas que chegaría ao 5,19 % e tería 39 escanos.

E en sétimo lugar quedaría Europa da Liberdade e a Democracia (EFD) que obtería o 4,26 % e 32 escanos.

Tamén no estudo hai escanos para os non adscritos e outros.

Faremos en vindeiras datas un seguimiento a esta radiografía semanal do estado actual da opinión pública nos Estados membros da UE.





Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.