Apoio unánime do Congreso á candidatura como Patrimonio Mundial da Ribeira Sacra.

Hoxe a miña compañeira deputada ourensá Ana Belén Vázquez defendeu con brillantez na Comisión de Cultura do Congreso, unha Proposición non de Lei coa que logrou o apoio unánime da Cámara Baixa para instar ao Goberno a apoiar e defender nas instancias internacionais oportunas a candidatura como Patrimonio Mundial da Ribeira Sacra.

Ana Vázquez puxo en valor este espazo natural da provincia de Ourense, compartido xeográficamente coa de Lugo, e destacou que a Ribeira Sacra ten méritos dabondo para ser incluído, xa que, segundo dixo, a paisaxe xurdida polo moldeado que durante séculos realizaron os ríos Miño e Sil que formaron uns canóns escarpados e agrestes dignos de admiración.

Destacou que se trata dun territorio cuns perfís xeomorfolóxicos propios, cunha paisaxe única no que se mesturan bosques de castiñeiros e carballeiras centenarias, cos socalcos de viñedo que os agricultores da sua denominación de orixe manteñen en produción desde fai séculos.

Recoñeceu as dificultades do proceso que se pide, xa que España é o terceiro país do mundo con máis bens inscritos na Lista de Patrimonio Mundial, cun total de 44, tras Italia (49) e China (45), e é consciente de que cada Estado só pode presentar un máximo de dúas candidaturas ao ano, das que polo menos unha delas ha de corresponder a un ben natural e a outra a un ben cultural ou unha paisaxe cultural.


Dixo que pese a todo, o Grupo Parlamentario Popular entende que a Ribeira Sacra reúne as condicións necesarias, xa que se trata dunha paisaxe no que brotan tesouros de inmenso valor arquitectónico como os seus mosteiros románicos, pazos e conventos, que recordan a importancia que tivo esta comarca durante a Idade Media e entre os que destacan Santo Estevo de Ribas do Sil ou San Pedro de Rocas.

Lembrar que Ribeira Sacra atópase xa inscrita na Lista Indicativa de Patrimonio Mundial desde o ano 1996, unha lista que constitúe un repertorio previo no que as futuras candidaturas deben ser incluídas antes de poder ser presentadas formalmente á Lista de Patrimonio Mundial, e as Diputacions Provinciais de Ourense e Lugo xa aprobaron o apoio a esta candidatura, igual que os concellos afectados de ambas provincias e o Parlamento de Galicia. No Senado houbo recentemente  unha Declaración institucional a favor desta inclusión, polo que agora, segundo subliñou Ana Vázquez, “corresponde ao Congreso poñer o broche final deste longo percorrido”.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.
Con la tecnología de Blogger.