Hoxe o xornalista do Faro
de Vigo, X. Manuel del Caño, publica na edición ourensá, unha entrevista sobre
cuestións relativas ás infraestructuras ferroviarias que afectan a Ourense.
Este é o seu contido:
“O presidente da comisión
de Fomento e deputado por esta provincia, Celso Delgado Arce, afirma que
"o verdadeiramente importante é a chegada do AVE en 2018", como
comprometeu o Goberno; "a estación intermodal de Ourense non é prioritaria".
Celso Delgado destaca que a alta velocidade ferroviaria está chegando a Ourense
desde Santiago, malia que non se construíu unha nova estación en ningunha das
dúas cidades", polo que os trens "poden pasar e coller pasaxeiros con
toda normalidade, na capital de Galicia e na capital desta provincia". A
actuación limitouse en ambos casos a facer as adaptacións necesarias nos
andenes, para os controis de equipaxes, e estase producindo con plena
satisfacción". Polo tanto, insiste que o prioritario é "unir de punta
a punta" os dous extremos do traxecto. "O outro é algo que haberá que
facer no seu momento, adaptado ás necesidades e ás posibilidades
económicas". Pero reitera que "non é o prioritario: primeiro fanse as
estradas e logo as áreas de servizo".
Mentres tanto, a comunicación ferroviaria vai mellorando. "Os ourensans
hoxe imos a Madrid en 4 horas e 40 minutos. Temos tres servizos diurnos e un
nocturno. Hai pouco só tiñamos un servizo diurno e outro nocturno.
Previsiblemente, coa chegada da alta velocidade a Zamora, que se espera no
primeiro trimestre de 2015, si todo vai ben, imos movernos nuns tempos de viaxe
de catro horas entre Ourense e Madrid". Co que "xa pasa a ser máis
competitivo que facer ese traxecto en turismo", sinala Celso Delgado. Pero
a situación mellorará moito en 2018, cando entre en funcionamento o tramo de
AVE entre Zamora e Ourense. O traxecto desde esta cidade a Madrid "farase
entre as dúas horas e as dúas horas e quince minutos".
O presidente da Comisión de Fomento e deputado por esta provincia considera
que, dalgún xeito, o AVE "pódese converter no aeroporto de Ourense",
a partir de 2018, debido a que suporá vantaxes competitivas con respecto ao
avión para algúns traxectos. A alternativa pode ser moi ventaxosa, debido a que
o desprazamento a Vigo ou Santiago require máis dunha hora de viaxe, á que hai
que sumar o tempo de espera para o embarque. Coas complicacions de deixar o
coche ou que alguén leve ao pasaxeiro. Fronte a iso, cabo a posibilidade de
coller o AVE a partir de 2018 na estación Empalme para viaxar a Madrid en dúas
horas.
De entrada, o AVE "estaralle quitando ao avión o 30% dos viaxeiros",
aclara Delgado. O avión mantense como a mellor opción para traxectos longos e
internacionais.
Soamente queda pendente o último tramo da rede do AVE con Madrid, entre
Taboadela e Ourense. Fomento está traballando na redacción dos proxectos, logo
de "as modificacións que se fixeron no seu día".
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.