O Plan estratéxico do Campus Auga

Foto. Jesús Regal (Faro de Vigo)
Asisto hoxe na sé da Confederación de Empresarios de Ourense, o acto no que se asinou hoxe o protocolo de colaboración coa Universidade de Vigo para a creación do que será Campus Auga, o primeiro especializado do Estado.

Se trata da primeira iniciativa de especialización dun campus non central do Sistema Universitario de Galicia (SUG), o que fai do de Ourense un campus líder en temáticas da auga con capacidade para expandir a súa plataforma de investigación e innovación e para obter novas fontes de financiamento que aseguren o seu papel na comunidade internacional da educación superior e a súa sustentabilidade a longo prazo.

Para a realización deste novo espazo universitario centrado no mundo da auga, o conselleiro recordou que “o custo estimado para esta infraestrutura estratéxica para o desenvolvemento da cidade, do Sistema Universitario e das I+D+I galegas, ascende a 4,5 millóns de euros”. Asemade, sobre a futura construción de 4.000 metros cadrados, Vázquez Abad dixo que “tan pronto estea solucionada a situación dos terreos, firmarase un convenio específico para a construción do edificio que albergará a sede institucional do Campus da Auga e unhas modernas infraestruturas dedicadas á investigación neste ámbito temático multidisplinar”.

No acto o Conselleiro Jesús Vázquez Abad e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, asinaron un protocolo de colaboración para implementar o plan estratéxico do Campus Auga en Ourense a través de convenios que desenvolverán cada un dos puntos de dito documento.

O protocolo asinado hoxe será a base para a colaboración e cooperación entre Consellería e UVigo para desenvolver este campus especializado en temática da auga. De acordo co carácter estratéxico da iniciativa de especialización de campus universitarios, a Consellería participará na creación de liñas estratéxicas co fin de que sexan un elemento elixible nas convocatorias de axudas da propia Consellería. Do mesmo xeito, a Universidade promoverá a materialización das iniciativas contempladas no Proxecto Campus Auga.

O Campus Auga constrúese, por unha banda, sobre as liñas de orientación estratéxica en torno a educación, investigación, transferencia de tecnoloxía e coñecemento, internacionalización e financiamento sostible. E, por outro lado, sobre as áreas de especialización: alimentación, xestión de recurso auga, innovación social e educativa, medio ambiente, tecnoloxías da información e da comunicación e turismo- patrimonio cultural.

Ademais créase un Plan de Acción a través de dous clusters de I+D en diferentes temáticas; de unha unidade de Investigación de Excelencia Universidade-Empresa-Administración; e do establecemento do Programa de Emprendemento e Creación de Empresas, Potenciación do Programa de mobilidade de estudantes de doutorado e investigadores, e creación de infraestruturas científicas.

É preciso ter en conta que o proxecto do Campus Auga está recoñecido como unha oportunidade para establecer en Ourense un campus líder en temáticas da auga con capacidade para expandir a súa plataforma de investigación e innovación e para obter novas fontes de financiamento que aseguren o seu papel na comunidade internacional de educación superior e a súa sostenibilidade a longo prazo.

Tratase de impulsar a primeira iniciativa de especialización dun campus non central do Sistema Universitario de Galicia (SUG), e supón unha oportunidade para establecer en Ourense un campus líder en temáticas da auga, aproveitando o potencial termal da cidade, que a sitúa como a segunda en Europa en potencial termal (despois de Bucarest) con máis de 4 millóns de litros de auga mineromedicinal diarios, o que fala da importancia da auga na economía, a sociedade e a cultura de Galicia.





Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.
Con la tecnología de Blogger.