Enxeñería e Eficiencia

Asistín onte en Madrid a unha parte das primeiras Xornadas FIDEX sobre Enxeñería e Eficiencia , que reuniu a altos representantes de múltiples administracións españolas, tanto central como autonómica ou municipal, e a directivos de empresas e asociacións do sector da construción.

Foron abordadas diversas cuestións relacionadas coa calidade e a eficiencia no investimento en infraestructuras.

Foi presentado un estudo da Consultora global McKinsey, suscitando unha serie de medidas necesarias para lograr un aforro anual de en torno ao billón de dólares a nivel global, o que supón un 40% do investimento que estiman necesario para satisfacer as necesidades mundiais en materia de infraestructuras. 

Tamén se presentou por Peter Boswell, un estudo no que afirma que a enxeñería de consulta é unha industria crave, responsable da concepción, deseño e implementación das infraestructuras e edificacións que se necesitan para abordar os desafíos da humanidade. E que na actual situación de dificultades económicas, o principal desafío é a eficiencia dos investimentos.

Ente as conclusións desta Xornada, está a de que é imprescindible aproximarse ao resto de países europeos en canto a porcentaxe de investimento en enxeñería, posto ao seu xuízo en España estase desaproveitando a enorme capacidade de retorno que ten dito investimento. E que se debe premiar a compra de enxeñería innovadora

Nunha das mesas redondas falouse de que as empresas españolas de enxeñería sitúanse á cabeza do mundo no que se refire a nivel tecnolóxico e capacidade técnica. E que os enormes logros alcanzados polo desenvolvemento das infraestructuras en España en e 1.990-2.010 permitiron a formación dun sector da enxeñería civil cun enorme potencial, o que favoreceu a expansión da enxeñería española por países dos cinco continentes.

Desde o Foro para a Enxeñería de Excelencia, FIDEX reclámase á clase política unha maior implicación co longo prazo. "Pensar antes de actuar". E din que  a capacidade de "pensar" a nivel técnico é o gran potencial das empresas españolas de enxeñería. 

Ademais entenden que para garantir esta eficiencia, o proceso de Planificación, Proxecto, Control de Execución e Xestión da Conservación debe estar controlado pola Administración, sempre apoiada en equipos multidisciplinares e experimentados que, con ambición de máxima calidade e espírito de servizo público, teñan a capacidade técnica necesaria para garantir un óptimo resultado social no proceso inversor. E esta actitude só pode ter un nome: Excelencia.

Sen dúbida unha interesante Xornada que me permitiu coñecer de modo directo as preocupacións e aspiracións deste importante sector que tato está acreditando a marca España.


http://www.fidex.es/

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.

Con la tecnología de Blogger.