Participei
hoxe no faladoiro de Radio Voz que modera Antía Díaz Leal na que abordamos
asuntos de actualidade.
Reflexionamos en primeiro lugar sobre as novas revelacións do sumario da
operación Pokemon que a prensa recolle con amplitude. Unha vez máis reiterei
que corresponde exclusivamente á Xustiza a función de instruír e de xulgar e
que non me parece serio o comentar informacións e avanzar exculpacións ou
inculpacións.
Logo falamos dos graves incidentes de orde pública que se viviron nestes
pasados días en Madrid.
Os de onte con
ocasión do desalojo pola policía dun encerro no Vicerrectorado da Universidade
Complutense de Madrid, a petición do Rector, e os do pasado sábado no centro da
capital ao término da manifestación, con 67 policías feridos e algúns a piques
de ser masacrados.
O meu criterio é o de que debemos estar moi preocupados pola enorme violencia e
desprezo aos axentes da autoridade e que corresponde a todos os poderes do
Estado o afrontar con determinación este serio problema.
O poder executivo para facer cumprir a Lei e actuar con arranxo a dereito
fronte aos que subvirten as liberdades e a orde; do poder xudicial para decidir
no marco da legalidade a situación dos detidos que se poñen á súa disposición e
posterior axuizamento e do poder lexislativo para modificar - si é necesario - o marco normativo para asegurar o respeto as
liberdades e castigar e reprimir as condutas violentas.
Finalmente Antía Díaz Leal, informou aos oíntes de que a partir da próxima
semana, hai cambios na programación en Radio Voz, de modo que o faladoiro xa
nos será de 8,30 a 9,30 horas todos os xoves, senón que será en diferentes días
e a outras horas.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.