Coñecemos hoxe, logo de finalizar o Consello
de Ministros, que o conxunto das Administracións Públicas pechou o pasado ano
2013 cun déficit, en términos de Contabilidade Nacional, de 67.755 millóns de
euros, o que representa o 6,62 por 100 do PIB.
Este positivo dato, tan só doce centésimas por encima do obxectivo de
estabilidade orzamentaria do 6,5 %, acredita a firme disposición de España como
socio europeo comprometido coa consolidación fiscal e coa redución do déficit
estructural requirido. Alcánzase un superávit estructural primario do 1,13 por
100 do PIB en 2013.
A estimación da redución do déficit estructural descontando intereses elévase a
1,9 puntos de PIB, tras un ano 2012 que alcanzou 2,5 puntos. Iso supón un
esforzo extraordinario para lograr a redución do déficit nominal nunha contorna
de grave crise económica.
A
caída do PIB afecta a variables cíclicas como son o aumento de gasto social e a
menor recadación, que foron contrarrestados coas medidas adoptadas
anteriormente de redución de gasto público e de aumento de ingresos.
Deste xeito logrouse cumprir co obxectivo e esta consolidación fiscal favoreceu
a recuperación da confianza e a recuperación económica.
O saldo conxunto resultante é consecuencia do déficit da Administración Central
e da Seguridade Social, que alcanzan o 5,49 por 100 do PIB, cunha desviación de
0,29 puntos, xa que é o subsector que carga co axuste cíclico fundamentalmente,
así como por compromisos de gasto de anos anteriores e fronte á Unión Europea.
As Comunidades Autónomas continuaron realizando un extraordinario esforzo de
consolidación durante todo o ano pasado, pechando cun déficit do 1,54 por 100
do PIB, fronte ao 1,86 por 100 que rexistraron en 2012. Tiveron unha desviación
de 0,24 puntos, a pesar do maior esforzo efectuado polo lado do gasto.
Polo que respecta ás Corporacións Locais, presentan un superávit de 0,41 por
100 do PIB, que prácticamente duplica o resultado positivo do ano anterior.
Pola súa banda, as axudas ao sector financeiro en 2013 tiveron un impacto de
0,46 puntos porcentuales do PIB no déficit.
Noraboa a Cristobal Montoro por levar a España ao camiño da consolidación fiscal e da redución do déficit.
Noraboa a Cristobal Montoro por levar a España ao camiño da consolidación fiscal e da redución do déficit.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.