miércoles, 12 de marzo de 2014

Sobre o histórico crecemento das exportacións en 2013

Asistín hoxe á comparecencia na Comisión de Economía e Competitividade do secretario de Estado de Comercio, Jaime García-Legaz.

Informou sobre a evolución do comercio exterior, destacando que España nunca había exportado tanto, ao rexistrar un crecemento do 5,2%, ata os 234.240 millóns de euros en 2013 , mentres que as importaciones caeron un 1,3%, ata 250.195 millóns.  

Valorou o aumento da base exportadora, un dos principais obxectivos do Goberno, que aumentaron un 10,3% en 2013, cun total de 126.800 compañías, tralos incrementos do 12,6% e 11,4% en 2011 e 2012, respectivamente. 


Subliñou a progresiva recuperación da demanda interna e a redución do déficit comercial ata 15.955 millóns, e que a balanza por conta corrente que España, que presentou un superávit de 7.130 millóns, corrixiu un dos seus principais desequilibrios económicos. 


Tamén presentou a memoria de actividade do Fondo para a Internacionalización da Empresa (FIEM), correspondente ao ano 2013, detallando que o fondo outorgou operacións por valor de 148 millóns de euros, unha cifra inferior á de 2012. 


Isto debeuse a mellora da situación financeira, as novas condicións de acceso aos recursos e ao lanzamento das liñas de apoio á internacionalización do Instituto de Crédito Oficial (ICO), que concedeu 1.397 millóns, mentres que en 2012 o FIEM era prácticamente o único instrumento de financiamento, a diferenza de 2013, cando optaron por mecanismos de financiamento normal do mercado. 

Dixo que, o ano pasado financiáronse contratos por valor de 251 millóns e 24 ofertas financeiras por 618 millóns por parte do fondo, que desde a súa creación en 2011 apoiou 87 operacións por valor de 721 millóns. 

E avanzou que próximamente aprobarase unha Liña FIEM Facilidades UE, dotada con 50 millóns de euros e en colaboración e cofinanciación coa UE, para cofinanciar grandes proxectos de empresas españolas no estranxeiro para que as empresas españolas poidan competir coas súas homólogas europeas. 

En resposta a preguntas de deputados afirmou que a mellora da competitividade da economía española non se debe tanto a unha caída dos salarios como a unha mellora da productividade, que é un factor distinto e completamente alleo ao salarial. 

Si a productividade mellora, a competitividade mellora, independientemente de si os salarios soben, baixan ou se manteñen, explicou.

E engadiu que nos últimos anos a productividade en España experimentou o maior crecemento dos países desenvolvidos en términos de hora traballada, un dato que permite illar o efecto do emprego neste índice. 

Finalizou dicindo que sería un erro pensar que podemos desandar o esforzo realizado para penetrar mercados exteriores moi difíciles ou simplemente baixar o ritmo de pedaleo. Hai que continuar pedaleando ao ritmo destes momentos e conseguir avanzar.