jueves, 13 de marzo de 2014

Aprobada no Senado con modificacións o Proxecto de Lei Básica das Cámaras Oficiais de Comercio, Industria, Servizos e Navegación

Acudín esta mañá ao Senado, onde se debatía en Pleno o Proxecto de Lei Básica das Cámaras Oficiais de Comercio, Industria, Servizos e Navegación. 

Foi aprobado polo procedemento de urxencia con modificacións por 209 votos a favor, 12 abstenciones e dous votos en contra.

Ademais das enmendas que xa foron incorporadas no dictame da Comisión de Economía e Competitividade.

Engadíronse agora no Pleno catro enmendas transaccionais.

Unha delas fai referencia a que “o ministerio de Facenda e administracións Públicas, no marco da reforma tributaria e, en particular, do réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos, analizará os requisitos que deben cumprir as Cámaras para que as achegas que se realicen ás mesmas resúltelles aplicable o novo réxime fiscal”

Outra di que “en calquera caso, e como mínimo, existirá unha Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación por provincia, sen prexuízo de que determinadas funcións e servizos poidan desempeñarse por outra Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación do ámbito territorial da Comunidade autónoma de que se trate”

E outra que o pleno da Cámara de España estará composto por “un presidente por cada unha das Comunidades autónomas” en lugar de como dicía antes “un representante”

Como ponente desta Lei no Congreso quero recoñecer o bo traballo e o consenso logrado no Senado, onde se conseguiu atraer ao voto afirmativo ao principal partido da oposición.


Paraben ao presidente da Comisión de Economía do Senado, Octavio Adolfo López Rodriguez e ao ponente do GPP José Luís Vallines Diaz.

A vindeira semana será o trámite final no Congreso dos Deputados.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.