martes, 1 de abril de 2014

Na comparecencia da presidenta da SAREB

Participo hoxe na reunión da Comisión de Economía e Competitividade na que compareceu a presidenta da Sociedade de Xestión de Activos procedentes da Reestructuración Bancaria (SAREB), Belén Romana, para informar do balance do exercicio 2013, explicar os términos dos traballos de auditoría sobre o traspaso de activos á sociedade, e para informar sobre a situación actual e a actividade da entidade desde a súa creación.

E tamén para  explicar a política que está desenvolvendo a SAREB en materia de vivendas e alugueres socias.


Informou que SAREB, pechou 2013, o seu primeiro exercicio completo operativo, cun resultado bruto de explotación (Ebitda) de 1.195 millóns de euros.

A xestión e desinvestimento de activos inmobiliarios e financeiros adquiridos aos bancos en restructuración xerou durante 2013 uns cobramentos totais de 3.800 millóns de euros, confirmando a capacidade desta sociedade tanto para xerar recursos coma para cancelar débeda e facer fronte ao seu custo financeiro.

Dos 3.800 millóns de euros obtidos como cobramentos pola actividade de xestión e venda de activos durante 2013, o 41% proveu da actividade desinvestidora de Sareb (o 21% vendas de inmobles e o 20% de vendas de préstamos e créditos). Os activos en renda (aluguer) xeraron o 2% dos ingresos totais. O 57% restante procedeu dos intereses dos préstamos, de amortizacións e recobramentos.

Afirmou que Sareb cancelou con cargo a estes ingresos 2.000 millóns de euros en débeda e aboou máis de 1.200 millóns de euros en intereses ás entidades rescatadas, contribuíndo así ao seu saneamento.

Sinalou Belén Romana, que a cancelación de débeda é unha das nosas prioridades de xestión no marco do mandato confiado. E que a capacidade de xeración de recursos vai permitir a SAREB afrontar o pagamento e cancelación da débeda e evitar que se active o aval do Estado, que entrañaría maiores custos para os contribuíntes.

Así no proceso de cancelación de débeda durante 2014 prevé amortizar un 50% máis respecto a 2013, concretamente outros 3.000 millóns, segundo recolle o plan de negocio deseñado para o presente exercicio.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.