jueves, 6 de febrero de 2014

Galicia coloca a débeda pública co tipo de xuro mais baixo da sua historia

Valoro cómo unha extraordinaria noticia que hoxe o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciara na rolda de prensa do Consello, a colocación de 500 millóns de euros da débeda pública autorizada polo Consello de Ministros para o ano 2014 cun xuro que é o máis baixo da historia das emisións de débeda pública de Galicia, o 1,89%.

Feijoo destacou que é un exemplo máis da política solvente e responsable da Xunta. “Seguimos reafirmando –dixo- o compromiso da solvencia das contas públicas, compromiso que vén sendo avalado polos investidores nos mercados financeiros; seguimos sendo autogobernados; e seguimos decidindo as nosas capacidades de tesourería”, afirmou.

“Fixemos unha importante operación de débeda pública, importante no cuantitativo e importante no cualitativo”, sinalou Feijóo, enfatizando que Galicia está acreditando que “somos capaces de subscribir a débeda pública no mercado ordinario e que somos capaces de obter, ademais, as condicións económicas máis baratas de débeda pública que nunca emitiu a Comunidade Autónoma”. 

Engadiu, “que seguimos no camiño de ter unhas contas controladas, unhas contas ordenadas e unhas contas axeitadas á situación económica que estamos a vivir”. Lembrou, así, que Galicia iniciou esta senda no ano 2009, “cando nos comprometemos a afrontar o problema do déficit público”, e continuouna nos anos 2010, 2011, 2012 e 2013, cando seguiu “tentando cumprir ese déficit público”.

“Mantemos o compromiso do cumprimento do déficit público nos últimos anos; comprometemos tamén conter a débeda pública por debaixo da media nacional, e estamos 3 puntos por debaixo en termos de PIB da media das comunidades autónomas; e mantemos o compromiso de non recorrer ás liñas de financiamento do Ministerio de Facenda, do Goberno de España, tanto a liña para pago a provedores como a liña do Fondo de Liquidez Autonómica”, argumentou Feijóo, explicando que o xuro do 1,89% está “por debaixo do que o Fondo de Liquidez Autonómica lle está facilitando ás comunidades autónomas que teñen pechados os mercados”.

"Continuamos ese camiño ao esforzarnos por manter a débeda de Galicia por debaixo da débeda nacional, por debaixo da débeda das Comunidades Autónomas, e hoxe constatamos que cumprir o déficit público e ter unha débeda por debaixo da medida das comunidades autónomas supón, sen ningunha dúbida, que o autogoberno de Galicia sigue blindado e que o autogoberno de Galicia xera confianza para os investidores”, concluíu Feijóo ao respecto. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.