jueves, 6 de febrero de 2014

No faladoiro de Radio Voz

A primeira hora desta mañá participei no habitual faladoiro dos xoves que na emisora Radio Voz modera Antía Díaz Leal e na que opino con Laura Seara e Olaia Fernández sobre cuestións de actualidade.

Falamos en primeiro lugar do barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) de xaneiro, realizado entre o 3 e o 14 deste mes.

Un barómetro que outorga ao Partido Popular unha intención de voto do 32,1% fronte ao 34% do barómetro anterior, e con iso colócalle no seu peor resultado desde as eleccións de 2011, que gañou co 44,6% dos votos.

Dixen que pola súa banda o PSOE non crece, senón que se estanca á baixa cun 26,6%, tres décimas menos que no pasado outono e dous puntos por baixo do resultado que tivo en 2011.

Opinei que os resultados do PP teñen que ver coas duras medidas tomadas, e que pode haber ter algunha influencia algunhas decisiójns como a aprobación do anteproxecto de lei do aborto, un tema que xerou controversia.

E destaquei que pese a todo a estimación de voto sitúe ao PP 5,5 puntos por encima.

Tamén falamos de que o barómetro evidencia unha baixa valoración dos responsables políticos e en concreto dos líderes Rajoy e Rubalcaba. Ambos están en mínimos. Non chega ao 11 % o número de cidadáns que confesan ter bastante ou moita confianza no presidente, pero non chegan ao 8 % os que din confiar moito ou bastante en Rubalcaba.

Logo falamos da operación Pokemon que está afectando a varios Concellos de Galicia.

Reafirmei en primeiro lugar a presunción constitucional de inocencia de todas as persoas imputadas, sexan cargos públicos ou non.

Dixen que os delitos non se poden tolerar en ningún caso e que poder haber actuacións que non estando tipificadas no Código Penal merezcan un reproche a conseguinte  e a adopcións de determinadas decisións.

Em consecuencia haberá que estar primeiro a instrución xudicial e o posterior proceso xudicial. E que non cabe admitir xuízos paralelos nin sentencias condenatorias a priori de ningunha persoa, sexa do partido político que sexa.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.