viernes, 7 de febrero de 2014

O Goberno reforza a supervisión e solvencia das Entidades de Crédito

Destaco dos acordos adoptados hoxe polo Consello de Ministros o relativo á remisión ás Cortes, para a súa tramitación polo procedemento de urxencia, do Proxecto de Lei de Ordenación, Supervisión e Solvencia das Entidades de Crédito, norma que reforza o nivel de esixencia cara ao sector financeiro en materia de regulación prudencial.

En roda de prensa o ministro de Economía e Competitividade, Luís de Guindos, explicou que o proxecto recolle nun único texto lexislativo toda a normativa de solvencia aplicable en España e incorpora os acordos internacionais adoptados nesta materia.

No ámbito do goberno corporativo e remuneracions, Luís de Guindos sinalou que se limita o exercicio simultáneo dos cargos de presidente do consello de administración e de conselleiro delegado, salvo que se autorice por parte do Banco de España. Limítase o número de consellos nos cales poden participar os conselleiros e a remuneración variable ao 100% da remuneración fixa, salvo que a xunta de accionistas autorice outra porcentaxe que non poderá superar o 200%.

Parte da remuneración variable total, a determinar pola entidade, deberá estar sometida a cláusulas de redución ou ata de recuperación de remuneracions xa satisfeitas. Tamén se introduce a obligatoriedad de que as entidades conten cun comité de remuneraciones e un comité de nomeamentos.

Ademais, De Guindos apuntou que se esixe ás entidades a publicación das retribuciones totais percibidas anualmente por todos os membros do seu consello de administración. Esténdese a todas as entidades de crédito a necesidade de aprobar, con carácter vinculante, as políticas de remuneración.

Supervisión:


O ministro avanzou que se establece a necesidade expresa de que o Banco de España presente, polo menos unha vez ao ano, un programa supervisor que incluirá a elaboración dun test de estrés.

A gran novidade, a xuízo do ministro, son os denominados colchóns de capital, que permiten aos supervisores esixir niveis de capital superiores aos esixidos pola Unión Europea. Así, defínense varios tipos: colchón de conservación de capital para perdas inesperadas; colchón de capital anticíclico específico; colchón de capital para entidades de importancia sistémica e colchón contra riscos sistémicos. Estes colchóns complementan outros requisitos aprobados o pasado 29 de novembro xa en vigor desde o 1 de xaneiro. 

Fondo de Garantía de Depósitos e preferentes:

Luís de Guindos tamén informou dos cambios na composición da Comisión Xestora do Fondo de Garantía de Depósitos, que estará integrada por 11 membros, os cales non terán ningún tipo de remuneración.

O ministro subliñou que se adapta a normativa vixente para facela compatible co regulamento comunitario no relativo ás participacións preferentes. Neste sentido, dixo que España ten unha normativa moito máis estrita en relación coa comercialización e mantense esa esixencia.

Ademais, indicou que se elimina o requisito de retención en orixe para non residentes, como ocorría no caso dos bancos ou das entidades cotizadas: "O que se fai é aumentar o atractivo deste tipo de mercados porque se eliminan unha serie de trámites burocráticos á adquisición polos non residentes de títulos de renda fixa emitidos por calquera tipo de sociedade".

Considero un gran acerto esta normativa que persegue evitar definitivamente a inestabilidade da banca e facilitar o acceso ao crédito.

Recordar que en dous anos, o Goberno puxo en marcha numerosas medidas neste sentido. O primeiro que fixo foi poñer en marcha a reforma do sistema financeiro que deberíase ter iniciado hai anos. Así España foi o primeiro país en culminar con éxito o programa europeo de saneamento bancario, do que necesitou menos da metade do fondo.

Co proxecto de lei aprobado hoxe, o Goberno dá pois un paso definitivo para que o sistema crediticio español teña máis supervisión, para previr situacións de crise, máis garantía de solvencia ante situacións inesperadas, coa esixencia de colchóns de capital á banca e endurecendo as sancións ás entidades incumplidoras, con limitación de remuneracións dos altos cargos, tal como prevé o Código de Boas Prácticas bancarias.

E sobre todo con máis control das preferentes, mantendo as esixencias para evitar os abusos na comercialización destes produtos. Recordemos que grazas ás medidas do Goberno, máis de 260.000 cidadáns xa recuperaron os seus aforros, por valor de 1.890 millóns de euros


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.