domingo, 2 de febrero de 2014

Rajoy na clausura da Convención:"Fixemos o que debiamos facer. Non o máis popular, senón o necesario. Non seguimos o rumbo máis cómodo, pero si o único capaz de levarnos a bo porto"

Finalizou a Convención Nacional do PP en Valladolid, co discurso de Mariano Rajoy: 
Este é o resumo da súa intervención: 

“Pasamos da resignación á esperanza, do conformismo ao reformismo. 

Intentamos ser xustos á hora de repartir as cargas da crise e logramos preservar os grandes servizos como a educación e a sanidade, que seguen e seguirán sendo universais, públicos e gratuitos.


Ao final, os españois rescatámosnos nós sos.


Moitos crían que a crise íase a levar por diante a España e ao final é España a que se vai levar á crise por diante grazas ao esforzo dos españois.


Moita xente di: é verdade que algúns datos van ben, pero ¿cando vou sentilos eu? Teñen todo o dereito do mundo a facer esas preguntas e eu non vou esquivalas.


Non podo prometer que vaiamos recuperar o noso benestar nun só día, pero si que cada día que pasa estamos máis preto de recuperalo.


Non presumo de nada nin quero que se sospeite que o fago. Non podo presumir porque o mérito principal non me corresponde a min, nin ao Goberno ao PP. foi un éxito dos españois.


Sobre o PSOE e Rubalcaba, o que me molesta é que se semente o desánimo. O que pido é un poquito de respecto ás esperanzas da xente.


As cousas aínda non están como me gustaría, pero España vai mellor.


Os españois gañámosnos algo máis que o respecto internacional, gañámosnos un fundado dereito á esperanza.


Un mundo cada vez con menos fronteiras e máis integración, ese é o signo dos tempos e Cataluña non pode quedar á marxe desa realidade.


Grazas ao Partido Popular de Cataluña. Non estades sos. Óevos moita xente que garda silencio, pero que non quere que vós caledes. Moitos españois valoran vosa defensa da concordia, da liberdade e da unidade.


Temos que gañar as eleccións europeas. España necesítao e ímolas a gañar.

Agora, cando volvades á vosa terra, dicídelle aos compañeiros, ás familias, aos veciños e aos amigos que en España hai un partido e un Goberno disposto a manter o rumbo que nos leve a todos ao lugar que nunca debemos perder”. 



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.