domingo, 2 de febrero de 2014

Cos Populares no Exterior


Onte participei no marco da Convención Nacional na reunión do Consello de Españois Residentes no Exterior do Partido Popular, do que formo parte en representación do Grupo Parlamentario no Congreso dos Deputados. 

O PP no Exterior está representado en 30 países e 65 cidades. Ademais, conta con 13.333 afiliados, dentro dos 1.700.910 de españois residentes no exterior con dereito a voto. 

En Galicia son 417.909 y en Ourense 93.111, os  censados que residen no exterior e que poden exercer o dereito de sufraxio.


Unha reunión que dirixiu o secretario executivo do PP no Exterior Alfredo Prada e que serviu para repasar as moitas inquedanzas e problemas dos nosos emigrantes e para aprobar as propostas programáticas para levar nas próximas eleccións ao Parlamento Europeo referidas aos españois residentes no Exterior. 

Comicios europeos - de circunscripción única - nos que o voto conta igual tanto para o que vota en España como para o que vota desde fóra.

Clausurou esta reunión o presidente do Goberno e do Partido Popular, Mariano Rajoy, e a secretaria xeral do PP, María Dores Cospedal. 

Rajoy destacou "o esforzo que España realizou para estar na boa dirección e ver a saída da crise", ademais de facer fincapé na unidade de España fronte as derívas independentistas.

Doutra banda, o presidente do PP pediu "un esforzo" aos representantes do PP no exterior para a campaña das eleccións europeas.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.