lunes, 3 de febrero de 2014

Na inauguración dos últimos tramos galegos da Autovia do Cantábrico

Esta tarde despráceime a Lugo para asistir ao acto no que a ministra de Fomento, Ana Pastor, xunto ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, procederon á inauguración das obras dos tramos Mondoñedo-Lindín e Lindín-Careira da autovía do Cantábrico (A-8).

 Trátase dos últimos 15,9 km que restaban para completar o total de 87 km que ten a autovía A-8 en Galicia e que se abrirán ao tránsito mañá 4 de febreiro.

A finalización destes tramos de autovía supón para os 8.000 vehículos que de media circulaban diariamente pola N-634, tráfico que se eleva significativamente durante o verán, unha importante mellora na comodidade, velocidade e seguridade de tránsito ao evitar a antiga estrada na ascensión desde Mondoñedo cara ao alto da Xesta.

O Ministerio de Fomento apostou firmemente pola finalización da autovía A-8, fundamental para a vertebración da cornisa cantábrica e a súa conexión coa Europa central. Para iso na presente lexislatura dispuxo os recursos económicos necesarios, o que supuxo aportar en só dous anos o 63% do orzamento das obras do tramo Lindín-Careira e o 81% do orzamento no tramo Mondoñedo-Lindín. 

Con esta apertura, unida á posta en servizo en decembro de 2013 do tramo Otur-Villapedre en Asturias, será posible circular por autovía de forma continua desde A Coruña e Lugo ata Oviedo e Xixón, con continuidade ata Llanes. Por outra banda, trabállase con intensidade no tramo entre Unquera e Pendueles, en Asturias, o que permitirá completar a A-8 ata Cantabria.

O orzamento do contrato de obras do tramo Mondoñedo-Lindín ascende a 88,69 millóns de euros e o de Lindín-Careira a 85,79 millóns, cantidades que sumadas ao custo de redacción dos respectivos proxectos, ao importe estimado das expropiaciones e ao custo das asistencias técnicas para o control e vixilancia das obras, arroxa un investimento total de 191,72 millóns de euros.

Neste acto o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que a Autovía do Cantábrico é unha porta que abre Galicia a España e a Europa, e destacou que esta infraestrutura multiplica a competitividade da Comunidade no novo escenario económico. 

Na súa intervención, subliñou que esta infraestrutura, cun investimento estatal de 720 millóns de euros e un trazado galego de 86,8 quilómetros, é “un eixe vertebrador” de Galicia consigo mesma, de Galicia co norte da Península Ibérica e de Galicia co resto do vello continente a través do sur de Francia.

Feijóo incidiu no carácter estratéxico da vía, con especial incidencia no tráfico de mercadorías, e puxo como exemplo que un transportista que realice a ruta entre a zona de Santiago e Bilbao poderá aforrar preto de 100 quilómetros, 27 euros de peaxes e uns 20 minutos de tempo en relación coa viaxe por Burgos e a Meseta.

Ademais, o titular da Xunta referiuse á mellora que a Autovía do Cantábrico supón para a seguridade e para as prestacións dos condutores en xeral, e destacou que na viaxe entre Santiago e Ribadeo se aforrará media hora e entre Santiago e San Sebastián, polo menos, dúas horas.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.