Na presentación da "Guía Ilustrada da Catedral de Santiago"

A última hora da tarde de hoxe acudín á Casa de Galicia en Madrid, para asistir á presentación da "Guía Ilustrada da Catedral de Santiago".

Presentou o acto o delegado da Xunta en Galicia, José Ramón Ónega, acompañado de Valentín García Gómez, responsable da Secretaria Xeral de Política Linguistica.  


Gemma Sesar de “El Patito Editorial” explicou que fixo o encargo da ilustración a Joaquín González Dorao, un artista gaditano cunha longa experiencia publicando coas mellores editoriais de viaxes.

E da prosa ocupouse a historiadora e medievalista galega Marta González Vázquez, autora de numerosos estudos e libros sobre a catedral, na que traballou moitos anos no seu extraordinario arquivo,  e que é experta coñecedora das peregrinacións a Santiago.

Foi precisamente Marta -  que ademais é compañeira no Congreso na súa condición de deputada - a que con belas e sentidas palabras apuntou a orixe de Compostela, vencellado ao máxico descubrimento da tumba e a súa identificación co Apóstolo Santiago, a posterior peregrinación e a creación dunha cidade na súa contorna.


Estou desexando dispor de tempo para ver e ler con detalle esta coidada edición que se publica agora en castelán e galego, e que se ampliará en breve ao inglés e xaponés.



Parabens aos autores e á editora.




Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.
Con la tecnología de Blogger.