jueves, 27 de febrero de 2014

No faladoiro de Radio Voz

Como todos os xoves desde as 8,35 horas participei no faladoiro de Radio Voz que modera Antía Díaz Leal.

Como era de esperar o faladoiro foi monotemática e falamos do debate sobre o estado da Nación.

Cualifiquei ao discurso de Rajoy como “convincente”, realista, e ao mesmo tempo esperanzado en que as cousas empezaron a mellorar.

Critiquei o discurso de Rubalcaba como apocalíptico e que non é fiable pois o goberno socialista do que formou parte negou a existencia da crise cando era evidente e foi incapaz de poñerlle remedio. E agora fan o mesmo, nega a recuperación.

Dixen que o máis importante, é consolidar o crecemento económico, crear emprego e que todos os españois noten a mellora da economía. Por iso cualifiquei como realistas as previsións de Rajoy para este ano dun crecemento económico do 1% e para o ano 2015, do 1,5%; e en materia de emprego que o ano que vén haberá creación de emprego neto en España na EPA e en términos de contabilidade nacional e, por suposto, máis afiliados á Seguridade Social.

Valorei como moi positiva a tarifa plana de 100 euros para as cotizaciones sociais, que impulsará o crecemento económico e á creación de emprego, así como a relativa a que as rendas menores de 12.000  non paguen o IRPF a partir de 1 de xaneiro de 2015.

Tamén falamos do referendo que se pretende realizar en Cataluña. Resaltei as afirmacións de Rajoy de que “ninguén pode privar ao conxunto dos españois do seu dereito a decidir sobre o futuro do seu país”. E que a consulta rupturista non se celebrará porque é ilegal.

España é un Estado de Dereito onde quen nos goberna a todos é a Constitución e as leis e segundo estas normas é o conxunto do pobo español quen ten a capacidade para decidir o que sexa España.

Compartín as palabras de Rajoy “non nos inventamos a unidade fai unha semana: os españois formamos parte da mesma nación desde fai séculos. 

E esa unidade incluímola na Constitución porque a consideramos un valor superior que referenda unha tradición, unha memoria e un patrimonio común”. E que “os países máis avanzados están unidos: non é que os países avanzados opten pola unidade, senón que a unidade fai que os países avancen”

Afirmei que o PP está disposto ao diálogo, pero dentro da Constitución, e que Cataluña é unha parte esencial de España de modo que nos preocupa e moito o que ocorra ás persoas que viven alí. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.