martes, 4 de febrero de 2014

Crecemento do paro rexistrado en xaneiro

O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de xaneiro  de 2014

Son os seguintes:

Ourense:

Medra o paro rexistrado en xaneiro en relación co mes anterior en 1.381 persoas, un 4,72 %.

O numero de parados queda en 30.657, deles 14.850 son homes e 15.807 mulleres, 28.666 son maiores de 25 anos e 1.991 menores.

Por sectores, 1.375 son da agricultura, 4.484 da industria, 4.310 da construción, 18.075 nos servizos e 2.413 do colectivo sen emprego anterior.

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia medrou en xaneiro en 10.014 persoas con respecto a decembro (un 3,69 %). O numero de parados queda en 281.077, deles 137.527 son homes e 143.550 mulleres, 263.518 son maiores de 25 anos e 16.559 menores.

Por sectores, 9.817 son da agricultura, 39.014 da industria, 41.376 da construción, 169.317 nos servicios e 21.553 do colectivo sen emprego anterior.

Aumenta o paro  en todas as provincias (A Coruña a que máis). O aumento vincúlase principalmente ao sector servizos (+8.157, o que supón máis do 81 por cento do total de incremento).

Non cabe facer unha valoración positiva deste incremento do paro, que se repite tradicionalmente no mes de xaneiro, vinculado tamén ao fin da campaña do Nadal.

Con todo, este mes hai que facer fincapé nun dato: Galicia segue mellorando a  evolución interanual, o que significa que se segue contendo a destrución de emprego. Na evolución interanual o desemprego baixou en 9.713 persoas, un 3,34% (no mesmo período do ano anterior o paro aumentaba en 19.506 persoas, un 7,19%).

Esta interanual é a terceira baixada consecutiva que se produce –desde 2007 non había interanuais negativas- e ademais é a maior de todas elas.

España:

O paro medrou en xaneiro en 113.097 persoas, un 2,41 %. Queda situado en 4.814.435 persoas. Deles 2.337.410  son homes e 2.477.025 son mulleres. 4.385.348 son maiores de 25 anos e 429.087 menores.


Por sectores, 208.174 son da agricultura, 512.531 da industria, 649.211 da construción, 3.071.282 nos servizos e 373.237 do colectivo sen emprego anterior.

Aínda que en xaneiro sempre aumentou o paro, deste mes é o menor incremento desde 2007.