Na segunda xornada da Convención

Hoxe tivemos a segunda sesión da Convención e destaco das moitas intervencións que escoitei a do presidente do PP de G, Alberto Núñez Feijoo que participou nun coloquio sobre sanidade coa ministra Ana Mato. 


Afirmou que a sanidade pública ten máis futuro hoxe que fai dous anos, cando o Goberno socialista tiña o sistema ao bordo do colapso pola sua inacción. Ademais, asegurou que os propietarios do sistema de saúde non son os gobernos ou os partidos, senón os cidadáns. "Non se pode vender o que é patrimonio de todos", dixo. 

Citou o sistema sanitario de Galicia, no que se constrúen, amplían ou renovan ata cinco hospitais públicos (entre eles, o novo hospital público de Vigo, o máis grande en construción en España neste momento) e púxose un novo en funcionamento na cidade de Lugo. Ademais, en Galicia dixo que se abriron 19 novos centros de saúde públicos, reformáronse dez e iniciouse a construción doutros 15. 

Aludiu á Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias, que permite ao paciente elixir o hospital público no que quere ser atendido e que lle outorga tamén ao paciente o dereito a esixir á Xunta de Galicia que se lle atenda nun prazo máximo de tempo. 

Tambien recordou como nun principio, o Goberno de Zapatero puxo trabas ao modelo responsable de xestión sanitaria de Galicia. De feito, denunciou á Xunta ante o Tribunal Constitucional por apostar polo Catálogo priorizado de medicamentos, pese a que supoñía un aforro en fármacos de 100 millóns de euros ao ano. 

En Galicia non se logrou ese pacto político pero si o pacto cos profesionais para obter un maior rendemento cirúrxico, pasando de 90.000 operacións en xornada ordinaria a 118.375. Tamén dixo, logrouse o pacto cos cidadáns e os farmacéuticos, cuadriplicando o número de fármacos xenéricos dispensados nas farmacias, pasando dun 10% a un 40%; e tamén o pacto cos traballadores públicos, implantando ao 100% a receita electrónica ou o historial electrónico que reducía burocracia e esperas. 

Unha parte de máximo interese, foi cando demandóu un pacto pola sanidade pública entre as comunidades e que vincule aos grandes partidos políticos de España. Feijóo apuntou que logralo sería moi simple de obter si os dirixentes socialistas e de comunidades nas que non goberna o PP repetisen en público o que reclaman en privado. 

Aseveróu Feijóo, que o xestor sanitario ten dúas obrigacións que non se deben descoidar: que ese servizo público chegue a todos hoxe, e que poida seguir chegando a todos o día de mañá. 

Ademais, apuntou que non hai nada máis progresista que reemplazar o criterio de idade á hora de pagar os medicamentos por un criterio de renda. Así, co modelo do PSOE os parados tiñan que pagar un 40% dos seus fármacos mentres xubilados, por moito que fosen grandes fortunas do país, tíñanos a custo cero a costa do Estado. 

En canto á atención sanitaria, Feijóo dixo que "ante a enfermidade non hai rendas ou patrimonio. O único límite debe ser o que fixe a ciencia". Ademais, apuntou que España ten os mellores posibles, e que o sistema sanitario español é un dos nosos grandes activos a nivel internacional. 

"Podemos presumir de sanidade pública ante calquera país do mundo", concluíu. Alfonso Rueda participou na comisión que traza as liñas básicas do programa do PP nas eleccións europeas. Pola súa banda, a ministra de Fomento, Ana Pastor, interveu no diálogo «España vertebrada», xunto coa presidenta de Aragón, Luisa Fernanda Rudi. 

O vicepresidente da Xunta foi un dos catro ponentes da comisión encargada do manifesto electoral para as europeas. Ana Pastor pola súa banda reivindicou os valores do PP como partido de centro e o seu modelo que sitúa ás persoas como «corresponsables do que pasa na sociedade». 


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.

Con la tecnología de Blogger.