En "Xantar 2014”, Salón Galego de Gastronomía e Turismo

Acudín hoy a Expourense para visitar “Xantar 2014”, Salón Gallego de Gastronomía e Turismo, unha feira que acada a súa decimoquinta edición que vai desde o 5 ó 9 de febreiro de 2014.

Unha feira de gran éxito de público e que converte ao recinto de Expourense nun gran centro de restauración.

Nos 12.000 metros cadrados cubertos, recréanse dezaoito restaurantes con todo luxo de detalles e servizos. O obxectivo é dobre: exaltar as materias primas coas que elaboran os seus menús e fomentar a calidade e a prestación do servizo. Todo elo como estímulo para a promoción turística-

Primeiramente fixen un recorrido pola feira, acompañando ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e outras autoridades no acto central do Día do Camiño de Santiago, onde anunciou que se vai iniciar o procedemento de contratación para a realización dos ‘Estudos de historicidade e delimitación da traza do Camiño de Santiago Ruta da Prata’, no que se incluirán as posibles variantes, como a do Camiño de San Rosendo, o Camiño Miñoto e o Camiño Mozárabe.

Asemade, Vázquez Abad asegurou que “os servizos técnicos da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural están traballando para realizar os procedementos legais e administrativos necesarios para recoñecer oficialmente este mesmo ano o Camiño de Inverno”.

Segundo Xesús Vázquez Abad, “a vindeira oficialidade do Camiño de Inverno, os encargos de novos estudos de delimitación da traza da Ruta da Prata e as próximas delimitacións do Camiño Inglés e Camiño Norte pola Costa, e a incoación do Camiño Portugués proban o profundo compromiso deste Goberno coa protección e posta en valor das rutas xacobeas”. De todos xeitos, Vázquez Abad “recordou que estas actuacións veranse condicionados ás dispoñibilidade orzamentarias”.

Por último, o conselleiro afirmou que ademais das actuacións de protección e delimitación anunciadas no día de hoxe, “o Camiño de Santiago tamén será un dos eixes principais do Plan Estratéxico de Turismo Galicia que pretende desestacionalizar e dinamizar turisticamente diferentes zonas da nosa comunidade a través dun patrimonio de incalculable valor e historia como son as vías xacobeas”.

É importante destacar que a delimitación oficial destas rutas supón unha aposta pola protección do patrimonio galego máis senlleiro, tanto desde o punto de vista das infraestruturas incluídas no ámbito de protección dos trazados, como no que atinxe aos valores culturais e medioambientais asociados a estas vías de peregrinación.

Tamén no stand da prestixiosa firma "Cafés Lisboa" foi rendida unha sentida homenaxe ao fundador desta empresa D. José Lorenzo Pato, recentemente falecdo, industrial que sempre apostou por este Salón, onde de xeito gratuito e desde a primeira edición ofrecen café a todos os comensais. Recibiu o recoñecemento, o seu fillo José Lorenzo Ribagorda. Noraboa.

Logo desa visita, participei nun encontro e posterior xantar institucional cos responsables de Expourense e coa delegación lusa da Asociación Empresarial de Lafões,para celebrar o día de Viana do Castelo e de Dão-Lafões Centro de Portugal. 

A comida - na que falamos de asuntos de interese económico común, como o comercio o turismo e o termalismo - tivo lugar no restaurante Dão-Lafões, no que presentaron  os produtos máis tradicionais da rexión, os excelentes viños de Dão - unha das áreas vinícolas máis importantes e antigas de Portugal- e os sabrosos pasteis de Vouzela.

Todo indica que unha vez máis, Xantar, que remata mañá será un éxito rotundo.

 Parabens a Alejandro Rubín e todo o seu equipo de Expourense.



http://www.cafeslisboa.com/index.php?cat=historia

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.
Con la tecnología de Blogger.