miércoles, 15 de enero de 2014

Visita a Ourense do ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete

Hoxe o ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete visitou a nosa provincia, e tiven ocasión de acompañarlle nas dúas primeiras citas do seu programa.

Ás 10,00 horas visitaba as instalacións de Coren (Cooperativas Ourensás, S.C.G) na súa sé central e planta industrial de Santa Cruz de Arrabaldo.

Foi recibido polo presidente Manuel Gómez-Franqueira, quen lle informou sobre esta gran empresa cooperativa e coa comitiva percorreu distintos departamentos como o de procesado, envasado e etiquetaxe de polos e pavos, ademais do impresionante e único túnel de frío para pavos.

O Ministro Arias Cañete, quedou moi impresionado polo visto nesta Cooperativa Agroalimentaria, a máis importante de todo o panorama nacional e cunha vocación de apoio ao desenvolvemento rural.

Un grupo líder que conseguiu diversificar as súas liñas de negocio, e dixo que “a diversificación e investimentos realizados nos dez últimos anos para modernizar todo o proceso de produción, envasado e distribución da empresa pon de manifesto que investir en integración, ademais de I +D+i, dá retorno e facilita a permanencia da población” e instóu aos directivos a que se sumen á intención do Goberno de “comezar a considerar proxectos de integración con outras comunidades autónomas”

Ademais, dixo que se impulsarán esas actuacións “fronte á demanda concentrada en nove grupos de distribución, ademais de que o Goberno facilitará o acceso deste tipo de empresas ás canles de exportación coa eliminación de trabas, e isto tamén se pode ver en Coren, o que permitirá acompañar o desenvolvemento cooperativo sobre todo na súa chegada aos mercados de exportación”.



Despois desprazámonos ata As Coiñás, en Ourense onde o ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, acompañado do alcalde da cidade, Agustín Fernández; o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Agustín Hernández; a directora da sociedade estatal do MAGRAMA Augas das Concas de España (AcuaES), Aránzazu Vallejo e outras autoridades asistiu á posta en marcha da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP), unha das principais obras para a mellora do abastecemento de auga a Ourense, cuxo obxectivo é ofrecer auga de mellor calidade e en cantidade suficiente para atender as necesidades da poboación.

O proxecto, promovido por Acuaes en colaboración co Concello de Ourense, consta de dúas fases.

O ministro detallou que a primeira comprende unha nova captación na marxe dereita do río Miño e a nova ETAP, cun caudal de tratamento de 200 l/s, ampliables a 300 l/s, catro depósitos de regulación, dúas estacións de bombeo e máis de sete quilómetros de conducións en ambas marxes do río.

A actuación completarase cunha segunda fase cuxa eecución contará con outros 10,5 quilómetros de conducións que mellorarán as conexións das obras principais coa rede de distribución do Concello de Ourense.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.