jueves, 2 de enero de 2014

Sobre a niciativa para reducir o número de deputados a 61 no Parlamento de Galicia

Comeza a actividade política no Parlamento de Galicia cunha agardada nova consistente en que o Grupo Parlamentario Popular rexistrou hoxe a proposición de lei de reforma da Lei 8/1985, de 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia e do Regulamento do Parlamento de Galicia.

No caso se saír adiante reduciría a 61 o número de deputados (hoxe son 75) e fixaría en 8 deputados a representación mínima por provincia (na actualidade é de 10).

Como afirmou na súa presentación o portavoz popular, Pedro Puy, esta é unha reforma “neutral” porque “non altera nin o sistema electoral incrementando proporcionalidades nin o sistema de partidos na composición do Parlamento”.

En concreto, explicou que con 75 escanos e 10 por provincia, o peso do territorio na composición da Cámara é do 53,30%, fronte ao 52,46% con 61 deputados e 8 por provincia; mentres que o peso da poboación é do 46,60% con 75 deputados e do 47,54% con 61 escanos.

Estos obxectivos datos acreditan que na proposta non hai ningunha vantaxe electoral nin alteración do peso das circunscricións, polo que non se pode interpretar isto como un intento de sacar proveito electoral, senón de manter unhas limpas regras de xogo.

Celebro a presentación da citada proposición de lei, asinada polos 41 deputados do Grupo Popular, e que responde a un expreso compromiso electoral – respaldado pola maioría absoluta dos galegos - de racionalización das administracións públicas e dos poderes públicos; no caso do Lexislativo situando o número de deputados no rango baixo do establecido no Estatuto de Autonomía.

Trátase agora na tramitación parlamentaria de acadar acordos cos grupos da oposición. 

Lembrar que desde do PPdeG quixemos pactar cos grupos da oposición na pasada lexislatura e tamén o intentamos na presente, incluso agardando ao relevo do liderado no principal grupo da oposición. 

Agardemos á tramitación parlamentaria.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta