viernes, 3 de enero de 2014

Remata 2013 con 147.385 parados rexistrados menos (-3,04%), deles en Galicia 7.724 (-2,77) e en Ourense 1.131 (-3,72 %)

O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de decembro de 2013.

Son os seguintes:

Ourense:

Medra o paro rexistrado en decembro en relación co mes anterior en 144 persoas, un 0,49 %.

O numero de parados queda en 29.276, deles 14.280 son homes e 14.996 mulleres, 27.369 son maiores de 25 anos e 1.907 menores.

Por sectores, 1.371 son da agricultura, 4.348 da industria, 4.162 da construción, 16.982 nos servizos e 2.413 do colectivo sen emprego anterior.

Durante o ano 2013 o paro rexistrado diminuíu en 1.131 personas (- 3,49 %), e dicir por enriba da media nacional (-3,04 %) e da de Galicia (-2,77)

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia medrou en decembro en 209 persoas con respecto a novembro (un 0,08 %). O numero de parados queda en 271.063, deles 132.967 son homes e 138.096 mulleres, 254.336 son maiores de 25 anos e 16.727 menores.

Por sectores, 9.738 son da agricultura, 38.291 da industria, 40.448 da construción, 161.160 nos servicios e 21.426 do colectivo sen emprego anterior.

Durante o ano 2013 o paro rexistrado diminuíu en 7.724 personas (- 2,77 %).


España:

O paro baixou en decembro en – 107.570 persoas, un – 2,24 %. Queda situado en 4.701.338 persoas. Deles 2.294.712  son homes e 2.406.626 son mulleres. 4.288.754 son maiores de 25 anos e 412.584 menores.

Por sectores, 200.064 son da agricultura, 508.954 da industria, 652.697 da construción, 2.971.763 nos servizos e 367.860 do colectivo sen emprego anterior.

É o maior descenso nun mes de decembro e o segundo maior en calquera mes de toda a serie histórica, tralo que se produciu en xuño pasado (127.248). En decembro de 2012 o desemprego baixou en 59.094 persoas.

Durante o ano 2013 o paro rexistrado diminuíu en 147.385 persoas (- 3,04 %). Recordar que nos últimos 5 anos o paro rexistrado aumentara máis ou menos en 544.000 persoas con respecto ao ano anterior (543.835) e que para atopar unha cifra mellor, é necesario remontarse ao ano 1999, cando a nosa economía crecía a un ritmo superior ao 4%.

A taxa interanual, que en outubro se situou en valores negativos por primeira vez desde maio de 2007, acentúa a súa caída e alcanza o -3,04%. Desta forma, acumula xa un descenso de máis de 15 puntos desde que alcanzase un valor de 12,5% en maio de 2012.

En términos desestacionalizados, o paro descende por quinto mes consecutivo e faio en 57.645 persoas. Trátase da maior disminución de toda a serie histórica. Desde o ano 2006, non se rexistraba unha disminución consecutiva, mes tras mes entre agosto e decembro.

Entre os menores de 25 anos o paro rexistrado diminuíu nos últimos 12 meses en 44.051 persoas, o que supón un 9,7% de caída interanual. En decembro a baixada do paro entre os mozos é de 39.742 (-8,79%) respecto ao mes anterior. Entre os maiores de 25 anos a disminución do paro é de 67.828 (-1,56%).

O paro rexistrado diminúe en catorce comunidades autónomas, entre as que destacan Andalucía (-30.467), Madrid (-14.706) e Comunidade Valenciana (-14.258). Sobe nas tres restantes, encabezadas por Cantabria (1.230), Navarra (210) e Galicia (209).

Por sectores económicos, o paro cae entre os traballadores cuxa última actividade foron os Servizos (87.253, un -2,85%), a Agricultura e Pesca (8.890 persoas, un -4,25%), ou a Industria (1.304, un -0,26%) e entre o colectivo de persoas sen emprego anterior en (16.432, -4,28%). Entre aqueles cuxa última actividade foi a Construción, o paro rexistrado sobe en 6.309 persoas (un 0,98%).

No mes de decembro, se formalizaron 1.290.853 novos contratos. Isto supón que, sen descontar o efecto puntual que tiveron en 2012 os contratos de empregados de fogar, a contratación aumenta un 21,95% respecto de decembro de 2012. Unha vez descontado devandito efecto, o número de contratos creceu neste mes de decembro nun 23,04% respecto ao mesmo mes de 2012.

No conxunto do ano 2013 a contratación crece un 3,87% fronte a 2012.
 
Polo que se refire á contratación indefinida, rexistráronse 83.792 contratos desta modalidade, un 8,31% máis que en decembro de 2012. Este incremento é do 16,37%, unha vez excluído o efecto dos contratos do fogar. 

Si se desconta o efecto dos contratos de empregados do fogar, o peso da contratación indefinida no que levamos de ano segue en niveis similares ao dos mesmos meses de 2012, na contorna do 7%.

Polo que se refire ao Contrato de Formación e Aprendizaxe, séguense observando avances moi positivos xa que este ano celebráronse un 75% máis de contratos que en 2012 (106.101). En decembro, o número destes contratos (10.326) supón máis do dobre dos celebrados durante o mesmo mes de 2012. Ademais, este mes se formalizaron 3.292 Contratos en Prácticas, un 54,4% máis que o mesmo mes de 2012.

No mes de novembro de 2013, houbo 2.801.262 beneficiarios de prestacions por desemprego, un 1,01% máis que no mes anterior e un 6,7% menos respecto de novembro 2012. O importe da nómina ascende a 2.355,5 millóns de euros, un 1,1% máis que no mes anterior e un 12,5% menos que en novembro de 2012.

 
Fonte: Servizo Público de Emprego Estatal

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.