jueves, 2 de enero de 2014

Salientable crecemento das vendas de vehículos

Hoxe as asociacións ANFAC, FACONAUTO e GANVAM fixeron balance do ano 2013 no referente a vendas de vehículos no mercado español. 

Foron 722.703 unidades, o que supón un crecemento do 3,3%, respecto ao ano anterior.

O mercado nacional creceu nos últimos tres trimestres do ano e no último fíxoo a un ritmo do 22%, un incremento que non se producía desde o segundo trimestre de 2010. 

No entanto, o volume do ano 2013, segue sendo un volume baixo para o potencial do mercado español, que acumulou, durante os anos de crise un déficit de renovación do parque de 2,2 millóns de vehículos e isto fai que o parque español continúe envellecéndose. 

Lembran que de cada dous turismos que circulan polas nosas estradas xa ten máis de 10 anos. 
 
En Galicia vendéronse 30.250 unidades, un 7,5 % máis que en 2012.

As asociacións recoñeceron que os protagonistas do ano 2013 foron os Plans de Incentivos postos en marcha polo Goberno, o Plan PIVE, nas suas catro edicións e o Plan PIMA Aire, que provocou un forte impulso ao mercado español ata conseguir bater a marca do ano 2012.

Din que estes plans foron un auténtico revulsivo para o mercado nun momento no que a crise e a falta de financiamento lastraban a cifra de matriculaciones e, como consecuencia, a saúde financeira das redes de distribución. E é que estes programas permitiron vencer as reticencias lóxicas dos compradores, insuflando a confianza que necesitaban para cambiar de coche cando o contexto económico invitaba a todo menos a investir. 

Todas estas asociacións entran en 2014 cun pouco máis de optimismo e co propósito de que as maior parte das súas empresas vaian entrando en números "negros" e sigan mantendo o emprego. Este obxectivo, din: "como volvemos a pedir ao Goberno, pasa por seguir mantendo os incentivos que volveron a acelerar o consumo no noso sector."

Creo que paga a pena valorar a continuidade destos estímulos que contribuen ao mantemento de miles de postos de traballo neste vital sector e que producen vía fiscal un importante retorno ao erario público.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta