martes, 10 de diciembre de 2013

A aposta das Cámaras de Comercio europeas polo despegue económico

Onte asistín en Madrid o encontro empresarial: “A aposta das Cámaras europeas polo despegue económico”, organizado polo Consello Superior de Cámaras no que se analizaron catro eixes básicos; competitividade, internacionalización, Formación Profesional Dual, mediación e arbitraxe, como factores crave para consolidar o despegue económico das economías española e europea.

Abriu a xornada Manuel Teruel, Presidente do Consello Superior de Cámaras durante a súa intervención, que manifestou que “as institucións empresariais, como as Cámaras de Comercio, temos a obrigación de dar respostas aos problemas das empresas, que coñecemos ben, pois a nosa rede está moi próxima a esta realidade. Malia pasar un longo periodo transitorio, que esperemos acabe pronto coa aprobación definitiva da nova Lei de Cámaras polas Cortes Xerais, as Cámaras queremos contribuír, con toda a humildade, pero tamén con renovada vitalidade, á tan ansiada recuperación económica”.
O Ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria, subliñou que as Cámaras de Comercio, teñen un papel moi activo que xogar, contribuíndo a asentar as bases da recuperación económica, aproveitando a experiencia e o capital humano acumulado durante a súa contrastada traxectoria.

O presidente electo de Eurocámaras, asociación que aglutina a máis de 2.000 Cámaras de Comercio europeas, Richard Weber, puxo de manifesto que as que Cámaras son o vínculo entre empresas e institucións públicas e están chamadas a desempeñar un papel crave no futuro económico de Europa.
A Secretaria de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Carmen Vea, manifestou que as Cámaras de Comercio teñen un papel crave para fomentar a innovación na as pymes e que a competitividad das empresa está estrechamente ligada aos esforzos realizados en I +D+ i.

O Ministro de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, afirmou que o éxito da mediación para resolver conflitos entre empresas, pasa pola confianza no sistema e as Cámaras de Comercio que son a institución que polo seu prestixio poden garantir esta confianza.
Así mesmo anunciou a próxima aprobación dun Real Decreto que profunde no funcionamento e requisitos para efectiva introdución da mediación en España.
A directora xeral do Servizo Público de Emprego Estatal, Reyes Zataraín, aludiu á Estratexia de Emprego e Emprendimento Xuvenil que puxo en marcha o Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Dentro desta iniciativa Zataraín referiuse ao convenio subscrito entre o SEPES e o Consello Superior de Cámaras para implantar a FP Dual en 7 Comunidades Autónomas. Tamén anunciou que esta iniciativa estenderase a todas as Comunidades en 2014.

O Secretario de Estado de Comercio, Jaime García-Legaz, resaltou que as Cámaras de Comercio poden contribuír eficazmente a aumentar a base exportadora española e a diversificar os mercados de exportación, grazas á súa capilaridad territorial e as novas funcións que contempla a futura Lei. Neste sentido, engadiu que a nova Lei establece o Plan Cameral de Internacionalización e o Plan Cameral de Competitividad como alicerces fundamentais da actuación das Cámaras no futuro. Tamén anunciou que a futura Cámara de España será a coordinadora e vertebradora da rede de Cámaras no exterior.
Un interesante encontro no que tamén escoitamos as experiencias das Cámaras de Comercio francesas, italianas e alemás, e tamen a opinión de recoñecidos empresarios e avogados.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta