Saliento a información divulgada hoxe relativa ás cifras de poboación a 1 de xullo de 2013. E tamén a Estatística de Migracions. Primeiro semestre de 2013. Ambas elaboradas polo INE
Así sabemos que a poboación de España diminuíu en 118.238 persoas durante a primeira metade de 2013 e sitúase en 46.609.652 habitantes a 1 de xullo de 2013.
Así sabemos que a poboación de España diminuíu en 118.238 persoas durante a primeira metade de 2013 e sitúase en 46.609.652 habitantes a 1 de xullo de 2013.
A perda de poboación durante o
semestre foi xeralizada na maioría de comunidades. La Rioja (-0,7%),
Castela - A Mancha (-0,5%) e Castela e León (- 0,4%) xunto coa cidade de
Melilla (-0,4%) rexistraron os maiores descensos relativos. Galicia un - 0,29 %.
Os únicos crecementos de poboación déronse en Illes Balears (0,46%), Canarias (0,23%) e a Rexión de Murcia (0,07%), ademais da cidade autónoma de Ceuta (0,16%). |
O número de estranxeiros descendeu un 4% debido sobre todo á emigración e á adquisición de nacionalidade española, ata situarse en 4.870.487.
Durante o primeiro semestre de 2013 España rexistrou un saldo migratorio negativo (-124.915 persoas), un 50% maior que o do semestre anterior, producido por un descenso da inmigración nun 11% e un aumento da emigración nun 10,7%.
No caso dos españois, o saldo migratorio é de -24.860 no semestre. Emigraron 39.690 e inmigraron 14.831.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta