Recibo hoxe con
satisfacción o anuncio do Consello
da Xunta que acordou recorrer contra a sentenza ditada pola Sección Primeira da Audiencia Provincial
da Coruña relativa ao accidente marítimo do buque Prestige, na cal se absolve o
capitán Apóstolos Ioannis
Mangouras dos delitos contra o
ambiente e danos en espazos
naturais protexidos e se lle condena a nove meses de prisión por un delito de desobediencia grave á
autoridade.
Nunha nota o Goberno
galego considera que o accidente do petroleiro Prestige provocou graves consecuencias ecolóxicas,
sociais e económicas no noso país. Por tanto, a interposición deste recurso de casación ten
por obxecto buscar a mellor protección dos intereses públicos e dos cidadáns, así
como a defensa do ambiente protexido polo artigo 45 da Constitución española.
O mencionado artigo da CE
establece que quen dane o ambiente, ademais de responder penalmente por iso, debe reparar
os danos causados.
Neste sentido, o acordo adoptado recolle que se debe velar porque a condena que se solicite comprenda tamén a condena ás responsabilidades civís derivadas do delito de xeito que permitan a reparación dos danos.
Neste sentido, o acordo adoptado recolle que se debe velar porque a condena que se solicite comprenda tamén a condena ás responsabilidades civís derivadas do delito de xeito que permitan a reparación dos danos.
Deste xeito a Xunta acaba
de instar a Asesoría Xurídica Xeral a que interpoña un recurso de casación –ou calquera
outro que en dereito proceda- contra a sentenza citada no que se refire á absolución do capitán do
barco, dos delitos contra o
ambiente, danos en espazos naturais protexidos e danos polos cales foi acusado.
Recordar que leste mesmo luns o ministro de
Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, anuncióu que a Abogacía do Estado, presentará
un recurso de casación contra a citada sentenza.
Gallardón afirmou que o propósito do Goberno non é revisar as decisións que con carácter penal adoptou a Audiencia, pero si insistir na necesidade de que existan responsabilidades civís e que sexan satisfeitas polos autores e responsables do sinistro, e que se iniciarán todos os "procesos paralelos" necesarios para esixir a responsabilidade civil tanto da navieira como da aseguradora.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta