viernes, 22 de noviembre de 2013

Aprobado o Proxecto de Lei de Navegación Marítima


O Consello de Ministros de hoxe aprobou o Proxecto de Lei de Navegación Marítima que actualiza o réxime xurídico do sector e supera as contradicións existentes entre convenios internacionais e a decimonónica normativa española.

Homoxeniza o ordenamiento xurídico co Dereito Marítimo Internacional, proporciona seguridade xurídica e reflicte a realidade práctica do transporte marítimo actual.

Mellora a protección do patrimonio subacuático e contribúe a loitar contra a contaminación e a inmigración ilegal.

Determina a responsabilidade dos suxeitos implicados no tráfico marítimo, regula os contratos de utilización do buque e fixa as condicións do contrato de construción naval e incorpora novidades na compraventa de buques.

Delimita a responsabilidade civil de cada unha das partes implicadas nun caso de accidente marítimo (armador, propietario, capitán...), resolvendo as lagoas actuais en canto ás normas procesales nesta materia.

Da resposta ao problema da inmigracion ilegal, reforzando a responsabilidade dos responsables do buque e garantindo un trato digno aos polizóns.

Preve o control de responsabilidades en torno aos casos de contaminación marítima e tamén reforza o control dos buques con deficiencias e o tráfico marítimo.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta