lunes, 28 de octubre de 2013

"España xa empezou a pasar páxina no que se refire ao camiño da recuperación"

Considero importante reseñar algunhas das manifestacións pronunciadas hoxe no Fórum Europa en Madrid, polo presidente do Eurogrupo, Jeroen Dijsselbloem, que ademais visitou na Moncloa ao presidente do Goberno Mariano Rajoy.

Recordemos que o Eurogrupo é reunión informal que na Unión Europea congrega polo menos unha vez ao mes aos ministros de Economía e Finanzas dos Estados da Unión cuxa moeda é o euro, ao presidente do Banco Central Europeo, ao Comisario europeo de Asuntos Económicos e Monetarios, e ao seu propio presidente.

Afirmou o político holandés, no citado Fórum que “todo indica que España xa empezou a pasar páxina no que se refire ao camiño da recuperación· e que trala aplicación da axuda europea á banca, “o balance de España mellorou de forma significativa”.

Nesa liña, Dijsselbloem manifestou que se produciu unha consolidación orzamentaria e que “os desequilibrios macroeconómicos desapareceron”. Tamén valorou a estabilización do desemprego e apuntou que tanto a confianza empresarial como a dos cidadáns están subindo.

”España está moito mellor do que o estivo fai un ano”, proseguiu o presidente do Eurogrupo, quen destacou que “como moitos países están pasando situacións similares, anima ver o que España conseguiu”.

Sinalou que “mentres fai dous anos estabamos pensando na supervivencia do euro a curto prazo, agora estamos mirando cara ao futuro de novo”.

”Tivemos éxito en evitar un colapso financeiro, arranxamos fallos no deseño da unión económica e monetaria e tomamos medidas impensables no pasado”, continuou.

Doutra banda, na visita a Rajoy abordaron a necesidade dunha maior integración europea. 

En particular, o presidente do Goberno recordou a necesidade de seguir avanzando no cumprimento dos compromisos acordados no marco da Folla de Ruta cara a unha xenuina Unión Económica e Monetaria, mostrándose satisfeitos polos pasos dados e, en particular, pola aprobación do Mecanismo Único de Supervisión, primeiro paso cara á Unión Bancaria. Ademais estiveron de acordo en continuar os traballos para a aprobación dun mecanismo único de resolución, co fin de alcanzar un acordo do Consello antes de fin de ano.


Respecto dos próximos exercicios de revisión de balances previos á posta en marcha do Mecanismo Único de Supervisión, o presidente do Goberno trasladou ao presidente do Eurogrupo a súa tranquilidade en relación coa situación da banca española, que foi obxecto dun exame de similares características o ano pasado coas subseguintes medidas de recapitalización no marco do Programa para o Sector Financeiro que España solicitou. O presidente do Eurogrupo felicitou a España pola boa marcha deste Programa, cuxa expiración producirase próximamente.

Sen dúbida é importante o que ambos coincidan na notable mellora da situación económica en España, e na forte redución dos desequilibrios macroeconómicos. Oxalá os cidadáns nóteno pronto nas suas particulares economías. 


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
 Recibirá resposta