domingo, 27 de octubre de 2013

Sobre o vindeiro Pleno do Congreso

O próximo Pleno do Congreso dos Deputados comeza o martes ás 16,00 horas co debate de toma en consideración da proposta do Grupo Socialista de modificación da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial, para atribuír á Audiencia Nacional o axuizamento de delitos relacionados coa corrupción. Tamén se decidirá si se inícia a tramitación da proposición de lei IU, ICV-EUiA, CHA de medidas para intensificar a prevención e loita contra a fraude fiscal. 

A continuación veranse as proposicións non de lei do Grupo Popular para desenvolver unha estratexia de loxística nacional; e do Grupo Socialista en relación con medidas tributarias para as rendas non declaradas de emigrantes retornados.

Posteriormente están previstas as mocions consecuencia de interpelacions urxentes de UPyD, sobre propósitos do Goberno en relación á falacia do denominado "dereito a decidir"; do Grupo Socialista, sobre as consecuencias dos recortes orzamentarios na política social; e de CiU, sobre a rectificación da decisión adoptada polo Goberno de establecer o copago na medicación hospitalaria. 

O mércores, 30 de outubro, ás 9,00, a sesión renovarase coa comparecencia do Goberno ante o Pleno da Cámara, de conformidade co disposto polo artigo 203 do regulamento, para informar sobre o Consello Europeo que se celebra os días 24 e 25 de outubro en Bruxelas.

 Concluída a comparecencia, celebrarase a sesión de control ao Goberno e o debate das interpelacions urxentes. O xoves, tamén a partir das 9,00 horas, o Congreso celebrará o debate de totalidade do Proxecto de Lei sobre o Sector Eléctrico, no caso de que algún grupo parlamentario pida a sua devolución ao Goberno ou presente un texto alternativo. 

Tamén se debaterán o xoves varios dictames da Comisión de Asuntos Exteriores sobre Convenios internacionais. Ademais, veranse os díctámes de Comisión sobre o Proxecto de Lei de garantía da unidade de mercado e as enmendas que os grupos decidan manter vivas ante o Pleno; e da proposta de reforma de Lei Orgánica 4/1982, de 9 de xuño, de Estatuto de Autonomía da Rexión de Murcia. Ambas continuarán a sua tramitación no Senado. 

Para rematar, celebraranse, no caso de que haxa enmendas, os debates de totalidade do Proxecto de Lei para a protección dos traballadores a tempo parcial e outras medidas urxentes na orde económica e social (procedente do Real DecretoLei 11/2013, de 2 de agosto; do Proxecto de Lei Orgánica de control da débeda comercial no sector público; e do Proxecto de Lei reguladora do Factor de Sostibilidade e do Índice de Revalorización do Sistema de Pensións da Seguridade Social. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta