viernes, 20 de septiembre de 2013

Uns 2,7 millóns de turistas internacionais viaxan a España e utilizan os servizos de balnearios e talasoterapia


Na Feira Internacional do Turismo Termal- Termatalia 2013 - recibimos a visita  do Director Xeral de Turespaña, Manuel Butler Halter quen manifestou a importancia do Turismo de Saúde (tratamentos de saúde-benestar, wellnes, termal, talasoterapia,) como reflicte o Plan Nacional e Integral de Turismo 2012-2015 do Goberno de España.

"Mediante a promoción de destinos de excelencia, como é o caso de Galicia, comunidade coa que se asinaron distintos acordos, ademais doutros con outras comunidades e concellos, como o do concello da cidade que nos acolle, realízanse diversas accións promocionais no exterior, que están dando como resultado que en 2012 máis de 2,7 millóns de turistas internacionais elixisen España polos seus balnearios", apuntou Manuel Butler, na que se atopan representados vinte países.

"Grazas aos enclaves nos que se atopan as vilas termais ou balnearios - xeneralmente en contornas rurales- o produto turismo de saúde e sobre todo o termal, benefíciase do Plan de Promoción Exterior do Turismo Rural 2013, que Turespaña executa a través da Rede de Oficinas Españolas de Turismo no Estranxeiro (OET) e que desenvolverá tamén en 2014, cuxa presentación será a finais do mes que vén",  continuou o director xeral de Turespaña.

"A evolución da poboación europea, con máis xente maior cada ano, polo incremento da esperanza de vida, fai prever que o turismo de saúde ten un bo futuro, para o que España conta cunha oferta que reúne todos os valores marca: benestar, felicidade, calidade de vida", concluíu Manuel Butler.

O turismo termal, tamén chamado industria do benestar, ten unha potencialidade a nivel mundial de 289 millóns de persoas, o que pode implicar un valor económico estimado de 11.400 millóns de euros, segundo un estudo de SRI International, do Instituto de Investigación de Stanford (EEUU).

Uns 2,7 millóns de turistas internacionais viaxan a España e utilizan os servizos de balnearios e talasoterapia, segundo datos da Subdirección Xeral de Coñecemento e Estudos Turísticos, cun gasto total estimado duns tres mil millóns de euros anuais.

Alemáns, franceses e británicos son os principais mercados emisores de turismo termal cara a España, sendo as Comunidades Autónomas de Cataluña, Canarias e Baleares as principais receptoras deste tipo de turismo.
Moitas grazas a Manuel Butler pola súa visita á nosa cidade, que tivo onte oportunidade de coñecer e polo apoio que presta e seguirá prestando ao turismo termal. http://www.tourspain.es/es-es/Paginas/index.aspx

Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
 Recibirá resposta. Grazas.