martes, 24 de septiembre de 2013

Pleno do Congreso

O Pleno do Congreso dos Deputados comezou ás 16,00 horas, co debate de toma en consideración da proposta de CiU de modificación da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial, para que o coñecemento da lingua cooficial e do dereito propio da Comunidade Autónoma de destino sexa considerado un requisito para a prestación de servizos no ámbito xudicial, que se rexeitou con 136 votos a favor e 178 en contra.

A continuación rexeitouse, con 141 votos a favor e 173 en contra, iniciar o trámite parlamentario da Proposición de reforma do Regulamento do Congreso dos Deputados presentada polo Grupo Vasco (EAJ-PNV), de reforma do Regulamento do Congreso dos Deputados, pola que se modifican os artigos 67.1 e 67.2.

O Pleno debateu despois as proposicións non de lei. A do Grupo Parlamentario de Unión Progreso e Democracia, relativa a sistemas de préstamo gratuito de libros de texto e outros materiais curriculares, aprobada, cunha enmenda pactada con PP e Foro Asturias, con 177 votos a favor, 126 en contra e 4 abstenciones. A proposición non de lei do PNV sobre o cumprimento do Estatuto de Gernika en materia de seguridade foi rexeitada con 32 votos a favor e 279 en contra.

Posteriormente defendeuse a moción conseuencia de interpelación urxente do Grupo Parlamentario Catalán (Convergència i Uniu), sobre as medidas que ten previsto adoptar o Goberno para identificar e loitar contra a fraude fiscal e a economía mergullada, que foi rexeitada.
Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es 
 Recibirá resposta. Grazas.