Illar aos incendiarios e concienciar de que son criminais

Hoxe tivemos en Santiago unha reunión do comité de dirección do PPG que foi presidida polo presidente Alberto Nuñez Feijoo, sendo o tema  central o relativo aos incendios forestáis que castigan a Galicia nestos días.


En rolda de prensa, o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, manifestou que ve necesario concienciar á sociedade de que os incendiarios son criminais e polo tanto deben ser identificados e illados, asegurando que se fará fincapé na importancia de facer todo o posible por identificar aos que queiman os montes e de convencer a toda a sociedade de que son persoas cuxas accións producen danos moi graves.

Por iso, dixo que ademais do endurecemento das normais penais -agárdase que a reforma do Código Penal que está a punto de aprobarse teña iso en conta- e de intensificar a labor que se está a levar a cabo non só desde a Policía Autonómica senón tamén por parte dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, da Garda Civil e da Policía Nacional, é preciso que toda a sociedade galega teña conciencia de que os que queiman os montes cometen delitos.

Por tanto, aparte da investigación policial propiamente dita, a concienciación social e o illamento desas persoas ten que ser fundamental.

Rueda tamén aproveitou para agradecer o traballo dos membros do dispositivo de extinción para acabar cos incendios. No sucesivo, tamén amosou o agradecemento dos populares á colaboración por parte das entidades locais, da Administración do Estado, especialmente a través da Unidade Militar de Emerxencias.

No comité de dirección finemos tamén unha análise do proxecto de lei aprobado polo Goberno central sobre a reforma da administración local. 

O Secretario Xeral  lembrou que a Xunta xa fixera no seu momento unha serie de alegacións, algunhas das cales foron tidas en conta, pero cre que hai cousas que aínda se poden mellorar. Neste senso, Rueda apuntou que o cauce para facelo, sen dúbida, segue sendo a través da Fegamp e tamén agora no trámite parlamentario se farán aportacións.

Dixo que calquera outro intento de facelo “por fóra” ou calquera outro intento partidista de intentar utilizar a Fegamp ou querer rompela coa excusa da reforma local non levaría a ningunha parte. 

http://actualidade.ppdegalicia.com/prensa/prensappdeg/entry/rueda_ve_necesario_illar_aos

Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta. Grazas.
Con la tecnología de Blogger.