Anunciada unha rebaixa do 5 % nas taxas portuarias



Compre salientar o anuncio feito onte pola ministra de Fomento, Ana Pastor, dunha rebaixa nun 5 % das taxas portuarias, pola utilización da infraestructura portuaria polos buques, pasaxeiros e mercancías á que hai que sumar a rebaixa nun 8,5 % do gravame da taxa de ocupación do chan portuario.

Unha medida medida que terá un impacto estimado para as empresas de entre 45 e 50 millóns de euros.

Esta decisión evidencia como o Ministerio de Fomento está plenamente comprometido co desenvolvemento dos nosos portos e co seu papel estratéxico para a sostibilidade do sistema de transporte.

Lembrar que a ministra Pastor recordou que o pasado ano o volume de actividade nos portos españois alcanzou os 475 millóns de toneladas, o que representa un crecemento do 3,9% respecto ao ano anterior.

Tamén destacar o incremento que están experimentado as exportacións españolas por vía marítima (un 9,7 % no primeiro semestre de 2013), que se están convertendo nunha palanca de impulso da economía.

Sinalar ademais que máis do 70% do comercio exterior español canalizase por vía marítima e que a actividade portuaria aporta directamente á economía española un valor engadido bruto anual de máis de 9.000 millóns de euros.

A todo iso hai que sumar os 100.000 empregos directos que xeran os portos españois e os 275.000 cos directos e inducidos.

Celebro moito este anuncio, pois axudará aos portos que son unas pezas fundamentais de apoio ao sistema produtivo español, como canalizadores das suas importacións e exportacións e  como xeradores de actividades industriais e comerciais de valor engadido.


Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta. Grazas.


Con la tecnología de Blogger.