Comparecencias dos candidatos á Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia

Hoxe participei como vocal na reunión da Comisión de Economía e Competitividade na que compareceron os candidatos propostos polo Goberno para Conselleiros da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia: D. Eduardo García Matilla, D. Josep María Guinart Solá, Dña. Clotilde da Higuera González e Dña. María Ortiz Aguilar; D. Diego Rodríguez Rodríguez, D. Fernando Torremocha e García-Sáenz, D. Benigno Valdés Díaz e Dña. Idoia Zenarruzabeitia Beldarraín. 

Tamén tivo lugar a comparecencia da candidata proposta polo Goberno á Vicepresidenta da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia: Dña. María Fernández Pérez; e do candidato proposto polo Goberno á Presidencia da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia: D. José María Marín Quemada.


Cumprimentado este tramite parlamentario, o seguinte será a sua ratificació e posterior nomeamento polo Consello de Ministros. A partir de aí o calendario é o seguinte:

. Constitución da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia: nomeados os membros do Consello, deberán proceder á súa constitución nos vinte días seguintes á publicación dos nomeamentos, a través da constitución do seu Consello, e nomear ao persoal directivo, adoptar o Reglamento de Funcionamento Interno e proceder á integración de medios materiais e humanos, para o que teñen catro semanas desde a constitución.

. Posta en funcionamento da CNMC. Esta iniciarase na data que se determine por Orde do Ministerio de Economía e Competitividade, momento en que se extinguen plenamente as Comisións que se integran.

Por outra banda, a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia terá a súa sé principal en Madrid e outra sé en Barcelona onde se situará a Dirección de Telecomunicacions e do Sector Audiovisual, así como as unidades ou persoas a elas adscritas que se consideren necesarias.

Recordar que a CNMC é un organismo que ten por obxecto "reforzar a independencia, a profesionalidade, a eficiencia e a seguridade xurídica nas decisións que se toman en relación aos denominados mercados regulados ou supervisados e o control da competencia".

A súa estrutura supón un importante aforro de custos, xa que se reducen tanto o número de conselleiros como de cargos directivos e sedes debido á fusión de cinco organismos na nova CNMC. A vicepresidenta do goberno, Sáenz de Santamaría  cifrou o aforro entre 20 e 30 millóns de euros mediante "unha estrutura que permite responder con profesionalidade axilidade ao que se esixe a este organismo: o correcto funcionamento, a transparencia e a existencia de competencia efectiva en todos estes sectores, en protección última do consumidor".



Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta. Grazas.
Con la tecnología de Blogger.