Apoio á promoción comercial de Expourense

Ainda que agosto e un mes de pouca actividade oficial, compre salientar como hoxe foi asinado un novo convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria coa Fundación Feiras e Exposicións de Ourense para a promoción comercial do recinto feiral de Ourense impulsando a realización de feiras e certames que permitan crear novas oportunidades de negocio para o tecido empresarial de Ourense e de Galicia. 

 Pola Xunta asinou a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, e pola Fundación Feiras e Exposicións de Ourense, o xerente da mesma, Alejandro Rubín. Compre resaltar o papel que xoga Expourense no apoio ás empresas en materia de internacionalización así como na proxección da súa capacidade innovadora. 

Non en van, no último ano o recinto feiral acolleu nove feiras e unha vintena de eventos que achegaron a máis de 112.000 visitantes, configurándose como unha plataforma idónea para que autónomos, microempresas e emprendedores poidan atopar novos mercados e clientes. 

Neste contexto, a directora xeral de Comercio realzou a aposta de Expourense pola o seu compromiso no impulso de recintos eficientes xeradores de riqueza no seu entorno. 

Vázquez Abeal asegurou que o traballo da Fundación contribúe directamente na proxección exterior da provincia e de Galicia, apoiando sectores relevantes da economía galega como o termalismo, a gastronomía, o transporte ou a viticultura, que centran algunhas das feiras que se veñen celebrando. 

Deste modo, o novo convenio de colaboración, que conta cun orzamento de case 74.000 euros dos que a Xunta aporta máis do 90%, permite a Expourense manter o seu importante papel no desenvolvevemento económico de Ourense potenciando o crecemento, a innovación e a internacionalización. 

Así, e como resaltou Vázquez Abeal, as actividades de Expourense aumentan a competitividade das empresas, impulsan o emprendemento e converten ao recinto nun polo de dinamización.

Celebro especialmente o aopio da Xunta a unha organización sería e eficiente, que traballa a prol de Galicia: Expourense.


Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
 Recibirá resposta. Grazas
Con la tecnología de Blogger.