martes, 13 de agosto de 2013

Sobre a Lei Básica das Cámaras Oficiais de Comercio, Industria, Servizos e Navegación

A ocurrencia do gravisimo accidente ferroviario de Santiago de Compostela fixo que non comentase neste blog que o Consello de Ministros do 26 de xullo aprobou o Proxecto de Lei Básica das Cámaras Oficiais de Comercio, Industria, Servizos e Navegación.

Un proxecto que a xuízo do Goberno permitirá a continuidade do sistema cameral en España, que converterá ao Consello Superior de Cámaras na Cámara de Comercio de España e que reforzará o papel destes organismos no proceso de internacionalización e o impulso da competitividade das empresas españolas en colaboración coa Administración Xeral do Estado e as Comunidades Autónomas.

Duas das principais novidades que desenvolverán as Cámaras en colaboración coa Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de España son o Plan Cameral de Internacionalización, que substitúe ao plan anterior e aprobásese anualmente polo Ministerio de Economía e Competitividade, e un novo Plan Cameral de Competitividade, que incluirá o conxunto das funcións públicas que deben desenvolver as Cámaras en apoio á competitividade das empresas españolas, especialmente das pemes, que executará a Cámara de España en colaboración con todas as cámaras españolas.

Entre as novidades destaca igualmente a formación profesional dual, fundamental para a xeración de emprego como obxectivo a potenciar en España seguindo un modelo similar ao das Cámaras alemás. O texto legal contempla como función a de participar, coas administracións competentes, na organización da formación práctica nos centros de traballo, incluída nos ensinos da formación profesional, en especial na selección e validación de centros de traballo e empresas, na designación e formación de titores e no control e avaliación do cumprimento da programación.

Cámara de España:

A Cámara de Comercio de España será unha ferramenta fundamental para abrir portas ás Pemes nos mercados internacionais. A lei incide en diversos aspectos para mellorar sensiblemente o funcionamento e a coordinación da presenza institucional comercial de España no exterior e establece un vínculo de colaboración entre as Cámaras Oficiais de España no exterior coa Cámara de España co fin de representar a esta nas súas respectivas xurisdiccions.

Financiamento:

A Lei non contempla a recuperación do recurso cameral permanente e establece que o financiamento das Cámaras basearase nos ingresos que se xeren polos servizos que presten e polas achegas voluntarias de empresas. O Goberno non quixo gravar ás empresas nin reestablecer ningún tipo de financiamento obligatoria. No caso da Cámara de España, as achegas voluntarias que realicen as empresas destinaranse preferentemente ao financiamento do Plan cameral de internacionalización. A lei tamén prevé a posibilidade de subscribir convenios coas Administracións Públicas para o desenvolvemento das súas funcións público-administrativas.

En atención a este novo réxime de financiamento, a lei permite ás Cámaras incentivar as contribucións voluntarias podendo dar as CC.AA., si así o estiman conveniente, unha maior representatividade nos órganos de goberno ás empresas que realicen estas contribucións voluntarias ás cámaras. En todo caso, como mínimo, a metade máis un dos vocais dos plenos serán elixidos democráticamente a través dun proceso electoral baseado no sufraxio universal mínimo que poderán ampliar as CC.AA.

Novidades:

Entre outras novidades destacan tamén a obrigación de facer públicas as retribucions dos altos cargos e a de depositar as súas contas anuais nos rxgistros mercantis correspondentes da súa localidade; elimínase a obrigación de que haxa unha cámara por provincia, as CC.AA. poderán adecuar a demarcación territorial das suas cámaras territoriais á súa realidade empresarial; e fíxase un sistema de adscripción universal de todas as empresas nas cámaras, aínda que iso non conleva obrigación económica nin de ningún outro tipo. Esta adscripción responde á necesidade de que as Cámaras representen os intereses xerais do comercio e non os dun determinado sector, asociación ou colectivo de empresas e permitirá que todas as empresas teñan un acceso en condicións de igualdade de oportunidades e de calidade e proximidade aos servizos das cámaras.

Tras someterse ao trámite de audiencia pública, logo da súa aprobación en primeira volta o pasado mes de maio, o texto incorpora algunhas melloras de carácter técnico-xurídico así como algunhas novidades, entre outras:

. Funcións e transparencia

No Proxecto diferénciase con maior claridade as actividades de carácter privado que as cámaras poderán levar a cabo en réxime de libre competencia das funcións público-administrativas.

Establécese a esixencia de contabilidades separadas en relación coas actividades públicas e privadas para diferenciar claramente entre elas sen prexuízo do principio de unicidade das súas contas anuais. As actividades do ámbito privado non poderán recibir en ningún caso recursos públicos que supoñan unha competencia desleal con entidades privadas.

.Secretario xeral e director xerente

Elimínase a necesidade de informe da administración tutelante no proceso de nomeamento ou cese do secretario xeral e do director xerente, tanto das Cámaras territoriais como da Cámara de España, ao obxecto de garantir a independencia na xestión ordinaria da corporación e dotar de axilidade e autonomía ás Cámaras de Comercio.

. Código de Boas Prácticas

Intégrase no texto a obrigación de que as Cámaras de Comercio elaboren un Código de Boas Prácticas que garanta a imparcialidade e transparencia no exercicio das funcións público-administrativas.

. Pleno da Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de España

Establécese que serán os representantes das Cámaras de Comercio, un por Comunidade Autónoma, e as cidades autónomas, os que estean representados no pleno. Na Cámara de España, tanto no pleno como no comité executivo, estarán representados así mesmo as organizacións empresariais, as empresas e os autónomos.

En particular, tralo proceso de audiencia pública, dáse maior representatividade ás organizacións de autónomos, que aumentan a súa participación no pleno e incorpóranse ao Comité Executivo. En España hai máis de 3 millóns de autónomos, dos cales 1,9 millóns son empresarios autónomos persoas físicas.

En definitiva o Goberno promueve con esta lei un novo marco regulador, que constitúe un mínimo común denominador para todas as cámaras españolas, polo seu carácter básico, que dota de claridade e seguridade xurídica ás actuacións das cámaras, tal e como lle viñeron demandando as propias Cámaras, as Comunidades Autónomas -administracións tutelantes das Cámaras do seu territorio- e diferentes organizacións empresariais trala supresión, a partir de 2010, do recurso cameral permanente sen a creación en paralelo dun novo marco legal orientado á prestación de servizos.

Este proxecto de Lei comezase a súa tramitación no Congreso no mes de setembro e estarei moi atento ao seu tramitación.

Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta. Grazas