Na VIII Feira do Viño dá D.O. Monterrei.

Onte cheguei a tempo a Verin para asistir aos actos dá VIII Feira do Viño dá D.O. Monterrei. 

 Abriu o acto Juan Jiménez Morán, alcalde da Vila e logo interveu o presidente do Consello Regulador, Antonio Anxo Méndez Atanes. 


Pola sua parte, Alberto Nuñez Feijoo lembrou como na Cata de Viños de Galicia de 2012, un viño desta Denominación de Orixe foi considerado como o Mellor Blanco de Galicia, e insistiu en que moitos dos caldos da terra de Monterrei están entre os mellor valorados polos máis exixentes críticos. 

 Nesta liña, garantiu o compromiso da Xunta coa D. O. Monterrei, logo de facer fincapé en que a calidade dos viños de Monterrei non é algo descoñecido, porque así se vai recoñecendo en todos os ámbitos e en todo o mundo. O presidente do Goberno galego remarcou o deber da Administración autonómica de manter a calidade dos viños de Monterrei.

 Neste sentido apuntou que cómpre ampliar a plantación e, por tanto, a produción, e continuar afondando nas exportacións, xa que ao longo do tempo quedou demostrado que a exportación é un dos mellores camiños para mellorar a competitividade do sector. Feijóo manifestou, ademais, o compromiso da Xunta de Galicia coa comarca de Verín. 

Deste xeito, lembrou que a Axencia para o Turismo de Galicia presentará no outono deste mesmo ano o proxecto de rehabilitación do Castelo de Monterrei. 

 Monterrei, denominación de orixe:  A zona amparada pola Denominación de Orixe Monterrei, creada o 3 de decembro de 1992 pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, atópase na comarca de Monterrei e está constituída polas subzonas do Val de Monterrei e Ladeira de Monterrei. 

Entre os anos 2002 e 2012, a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural e do Mar concedeu ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei un total de preto de 1 millón de euros (961.199 euros). No ano 2012 a Denominación de Orixe Monterrei máis de 14.140 hectolitros de viño. Logo veu o pregón, a cargo do xornalista cedeires Bieito Rubido , direcor de ABC.

Despois percorremos as casetas das además e logo trasladamonos ao Parador de Verin. Alí desenvolveuse a cerimonia de constitución da Cofradía dos Viños de Monterrei, coa imposición de medallas e o nomeamento dos seus primeiros 18 integrantes. 

 O presidente do Consello Regulador, Antonio Anxo Méndez Atanes, foi o encargado de poñer as medallas aos novos cofrades, incluída a de Cofrade Maior a Alberto Núñez Feijóo e o nomeamento de Cofrades de Honor a Bieito Rubido (xornalista), Castor Gago (que, xunto con José Luís Hernáez Mañas asumiu a elaboración dos estatutos da D.Ou.) María do Carmen Pardo López (ex secretaría xeral de Turismo), Samuel Juárez Casado e Juan Manuel Jiménez Morán. Tamen o viticultor de Vilaza Delfín Boo Payo, o exvocal José Senén Fernández Justo, o expresidente Bernabé Jiménez Gómez, el productor vitícola de O Rosal (Oímbra) Isaac García Delgado, o adegueiro José Luis Vaz Vilela -propietario de Bodegas Ladairo, S.L.-, o deseñador e enólogo Roberto Verino -propietario da adega Gargalo, S.L.-, os integrantes do panel de cata da denominación de orixe Juan Ramón Fuentes Lorenzo e Genaro Cao Soutelo, o sumiller Nacho Costoya, o periodista de Abc Juan Fernández Cuesta e o xeneral José Antonio Alonso Miranda, natural de Mandín (Verín).




Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es

 Recibirá resposta. Grazas

Con la tecnología de Blogger.