Na Escola de verán "Miguel Ángel Blanco"

Organizado polo Partido Popular de Ourense comezou hoxe no Carballiño a terceira edición da Escola de Verán "Miguel Angel Blanco", centrada en “32 anos de autogoberno en Galicia (1981-2013)”.

Abriu o acto José Andrés Vázquez Diéguez, secretario local do Partido Popular do Carballiño e despois falou o secretario xeral provincial  do Partido Popular, Rosendo Fernández, que resaltou que a Escola  busca  "incrementar a participación política fomentando o diálogo e a unidade achegando propostas que permitan a necesaria e convinte interacción entre a sociedade e a política e entre a militancia e a política", e engadiu que hoxe, ante a preocupación crecente da sociedade pola clase política, "temos que renovar as ideas constantemente e manter vivo ese exemplo que nos deu a todos  Miguel Angel Blanco porque a política é un servizo público que nunca debemos esquecer".

Logo, Manuel Baltar, presidente do Partido Popular de Ourense, presentou a Gerardo Fernández Albor destacando a sua “bonhomía e disponibilidade permanente ao servizo dun proxecto político que é de todos nós e de Galicia”.

Gerardo Fernández Albor, que falou dos inicios do autogoberno de Galicia, agradeceu a “lembranza á figura de alguén tan modesto e grande como Miguel Angel Blanco” e  explicou como da man de Ramón Piñeiro do Grupo  Galaxia “comecei a amar Galicia e a comprometerme a defender ás súas xentes, ao seu progreso, como unha obrigación que debe ser de todos nós e que non remata ata a nosa morte”.

Realmente foi un privilexio escoitar a Don Gerardo, que aos 95 anos, ten unha xuventude intelectual encomiable.

Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta. Grazas

Con la tecnología de Blogger.