Esta semana que comeza tera un amplo contido parlamentario, pois o mercores 24 habera unha sesión da Deputacion Permanente do Congeso.
E ademais o ministro de Economía e Competitividade, Luís de Guindos, comparecerá o xoves, día 25 de xullo, ás 11,00 horas, para informar sobre a situación económica.
Tamén o xoves, ás 17,30 horas, reunirase en sesión extraordinaria a Comisión de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para acoller a comparecencia do ministro, Miguel Arias-Cañete, a petición propia e de varios grupos.
Informará a petición do Goberno sobre os resultados do Consello de Ministros de Agricultura da Unión Europea, dos días 24 e 25 de xuño, e a Reforma da Política Agraria Común; e a proposta do Grupo Socialista dará conta dos efectos desta reforma no sector agrario español. IU, ICV-EUiA, CHA preguntaralle sobre o resultado ou da negociación sobre a Política Agraria Común (PAC).
Para rematar, e a petición propia, o ministro informará sobre o despregue de medios do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente en apoio ás Comunidades Autónomas para a campaña contra incendios forestales 2013.
Doutra banda, o Secretario de Estado de Seguridade Social informará o mércores, ás 12,30, á Comisión de Seguimiento e Avaliación dos Acordos do Pacto de Toledo, as actuacións para dar cumprimento á Sentenza do Tribunal Constitucional número 61/2013, de 14 de marzo de 2013, que declarou a inconstitucionalidade e xa que logo a nulidad da regulación da forma de acreditar os periodos de cotización dos traballadores a tempo parcial para acceder ás diferentes pensións do sistema da Seguridade Social.