Os ourensáns multiplican desde hoxe as súas posibilidades de mobilidade grazas ao aumento da oferta de longa distancia de Renfe

Hoxe 3 de xuño, acudín á estación Ourense- Empalme para presenciar a chegada dos dous trens procedentes da Coruña e Pontevedra que unha vez xuntos en Ourense conformaron a composición do tren que con destino a Madrid, ofértase desde hoxe como o segundo servizo diurno a Madrid.

Trátase dun servizo de longa distancia nun horario moito máis cómodo e atractivo para os viaxeiros galegos e desde logo para os ourensans. 

Vexamos: si un cidadán tomase hoxe ás 9,51 horas o Tren Alvia desde Ourense- Empalme chegaría ás 14,40 horas a Madrid. A súa viaxe duraría 4 horas e 49 minutos.

 E unha vez na estación de Chamartin, tería unha morea de posibilidades para conectarse con outros medios de transporte. 

Si quixese aproveitar conexións ferroviarias a outros destinos, tomaría un tren de proximidade e plantaríase na estación de Atocha. E alí, si chegase a tempo, ás 15,00 horas podería xa tomar un AVE a Barcelona e a Sevilla e ás 15,40 a Valencia.

 Si o seu destino fose Barcelona, viaxaría 2,30 horas e chegaría á cidade condal ás 17,30 horas. É dicir sete horas e trinta e nove minutos desde que saíse de Ourense.

 Si o seu destino fose Sevilla, viaxaría 2,20 horas e chegaría na cidade hispalense ás 17,20 horas, É dicir sete horas e vinte minutos desde que saíse de Ourense. 

Si o seu destino fose Valencia, tomaría o primeiro AVE que sae ás 15,40, viaxaría 1,50 horas e estaría na capital do Turia ás 17,30 horas. É dicir sete horas e trinta e nove minutos desde que saíu de Ourense. 

Ademais o novo horario de chegada a Madrid abriría a ese mesmo cidadán un amplo abanico de posibilidades de viaxe por medio de transporte aéreo desde Barajas tanto a destinos peninsulares e insulares e por suposto aos destinos internacionais.

 

É un feito evidente que estes novos horarios do Alvia garanten aos ourensans e por suposto a todos os galegos unha importante mobilidade, da que ata a data estaban privados pois a chegada a Madrid ás 21,48 horas impedía as conexións antes citadas, obrigando ao viaxeiro en tránsito a ter que buscar aloxamento para unha noite na capital.

 A maiores do anterior ao cidadán de Ourense ábreselle a posibilidade doutra conexión diurna con Madrid, que o novo tren Alvia entre Lugo e Madrid, que pasa por Ourense e sae desta estación ás 12,40 horas e chega á capital de España ás 17,47 horas.

Unha hora de chegada moi razoable que posibilita outras conexións ferroviarias e aéreas. 

Ademais ábrense enormes posibilidades para que cidadáns de Madrid e doutros lugares de España achéguense a Ourense e a Galicia, co que todos saímos gañando.

Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es


 Recibirá resposta. Grazas.
Con la tecnología de Blogger.