Histórica baixada do paro rexistrado no mes de maio

O Servizo Público de Emprego Estatal divulga hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de maio de 2013.



Son os seguintes:

Ourense:



Baixa o paro registrado en maio en relación co mes anterior en 665 persoas, un descenso do 2,10 %.



O numero de parados queda en 30.934, deles 14.946 son homes e 15.988 mulleres, 28.636 son maiores de 25 anos e 2.298 menores.



Por sectores, 1.341 son da agricultura, 4.449 da industria, 4.583 da construción, 17.868 nos servicios e 2.693 do colectivo sen emprego anterior.



A nivel interanual o paro rexistrado medrou en Ourense en 218 persoas, un 0,71 %, que é inferior ao dato autonómico do 2,63 % e ao nacional do 3,75 %



Galicia:



O paro rexistrado de Galicia baixou en 6.573 persoas con respecto a abril (un – 2,26 %). O numero de parados queda en 283.886, deles 138.545 son homes e 145.341 mulleres, 264.216 son maiores de 25 anos e 19.670 menores.



Por sectores, 9.376 son da agricultura, 39.611 da industria, 44.654 da construción, 166.970 nos servicios e 23.275 do colectivo sen emprego anterior.



O paro baixou en Galicia no mes de maio, en todas as provincias.



Trátase do mellor mes de maio de 2007 (en 2007 a baixada foi de 7.270 persoas). Ademais, a baixada deste ano é seis veces superior á rexistrada o mesmo mes de 2012 (-1.036)



Cabe lembrar que se trata tamén da terceira baixada do desemprego no que vai de ano. En 2012 o paro subía en marzo e abril; e este ano, pola contra, xa encandea tres baixadas consecutivas.



Por comunidades, o paro baixa en todas menos en Canarias. Galicia é a séptima onde máis baixa o paro este mes en termos relativos e absolutos. En termos interanuais, Galicia é a quinta comunidade na que menos sube o paro.



En canto á evolución interanual, a pesar de que se rexistra un aumento, trátase da mellor interanual desde 2007. Na interanual, o incremento de maio a maio foi de 7.278 persoas, o que representa en valores porcentuais un 2,63%, fronte ao 15,2% do ano pasado.



Falando da evolución interanual, hai que destacar que o dato rexistrado este ano comparado co de 2009 amosa que o crecemento do paro foi un 85% inferior ao rexistrado ese ano. E se o comparamos coa interanual de maio de 2012, o incremento foi un 80% menor.



En comparación co Estado, o comportamento interanual de Galicia tamén é mellor, xa que na media do Estado incrementouse en 3,75%.



España:



O paro baixou en maio en 98.265 persoas, un – 1,97 %. Queda situado en 4.890.928 persoas. Deles 2.405.493 son homes e 2.485.435 son mulleres, 4.432.916 son maiores de 25 anos e 458.012 menores.



Por sectores, 197.062 son da agricultura, 540.482 da industria, 724.122 da construción, 3.046.697 nos servicios e 382.565 do colectivo sen emprego anterior.

Este dato de paro rexistrado supón a maior caída nun mes de maio da serie histórica.



A cifra coñecida hoxe é o triplo do descenso producido en 2012 e case duplica a media obtida en todos os meses de maio desde 1997 (en torno a 54.000 persoas de promedio).

Nestes momentos, o paro en España afecta a 4.890.928 persoas, un 3,75% máis que fai un ano. Entón, o paro crecía a un 12% interanual, co que se reduciu en nove puntos o ritmo de destrución.



Aínda que maio é un mes tradicionalmente bo para o emprego, en términos desestacionalizados tamén cae o desemprego, o que confirma a boa evolución da cifra independientemente da estación e que se aproveitóu o ciclo por completo (algo que non pasaba desde 2006).

O paro baixou en todos os sectores produtivos (non só nos servizos) e tanto en homes como mulleres.



En canto aos mozos, o paro diminuíu noutros 16.735 menores de 25 anos. Entre maio de 2012 e o de 2013 a cifra de mozos parados caeu un 6,59%, é dicir, que o paro xuvenil está reducíndose durante este ano.

Mes a mes a tendencia móstrase claramente: a destrución de emprego fréase. Agardemos que polo ben de todos continúe.


Fonte: Servizo Público de Empleo Estatal.

Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta. Grazas.


Con la tecnología de Blogger.