sábado, 1 de junio de 2013

Mensaxes de Rajoy en Sitges

Acabo de leer as declaracións que fixo na mañá de hoxe Mariano Rajoy na clausura da XXIX reunión do Círculo de Economía, celebrado en Sitges.

Resaltou que o Goberno leva ano e medio eliminando os obstáculos que deixou unha política económica baseada  "no endebedamento masivo" para que sexa posible a recuperación económica e a creación de emprego.

Afirmóu que para remover estes obstáculos o Executivo articulóu a súa política en cinco eixes: a consolidación fiscal e as reformas estructurais -que dependen exclusivamente de nós-, as reformas estructuráis  a nivel europeo, unha maior integración económica e a solución aos problemas de financiamento e liquidez das economías -que corresponden ao marco europeo.

Destacóu a rebaixa do déficit estructural primario en 3,1 puntos porcentuais de PIB, "moi por encima dos países da nosa contorna". 

E sobre a reforma do mercado de traballo aseguróu que os seus efectos son xa perceptibles, pois se observa unha mellor evolución no comportamento do emprego en relación co ciclo económico.Neste sentido, avanzóu que o vindeiro martes, día 4, "as cifras de paro e cotizantes á Seguridade Social, que se farán públicas polo Ministerio de Emprego, van ser, si confírmanse as tendencias observadas, claramente esperanzadoras".

Dedicou unha parte da súa intervención a Europa e dixo que nos importa moito como vaian as cousas na Unión Europea porque, pese a todo o que estamos facendo, non crecemos. E non crecemos porque Europa non crece".

A xuízo de Rajoy, a tarefa de recuperar o crecemento e a creación de emprego non corresponde só aos Gobernos nacionais, pois require decisións europeas.

O próximo Consello Europeo, engadiu,  será crucial para mostrar que a Unión Europea "cumpre co acordado e é capaz de executalo de forma eficaz". Un Consello no que Rajoy, suscitará unha serie de actuacións cuxo obxectivo inmediato é axudar ás pequenas e medianas empresas e favorecer o emprego xuvenil, tal e como expuxo o pasado martes en París.

Durante o coloquio posterior á súa intervención, o presidente explicou que a primeira obrigación do Goberno era reducir o déficit para que España "non entrase nun procedemento como no que entraron algúns países da UE, que agora non teñen posibilidade de facer política económica porque lles vén dictada".

Por esa razón houbo, entre outras actuacións, que subir os impostos. E dixo que "agora eu estou absolutamente convencido, porque creo niso, que ao longo esta legislatura nós volveremos baixar os impostos". Engadindo que "non imos subir o IVE" e o obxectivo "é, como moi tarde en 2015, baixar o IRPF".


Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es

 Recibirá resposta. Grazas.