sábado, 11 de mayo de 2013

Sobre o racionalización e sostibilidade da Administración Local

Onte escoitei no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" parte do programa da "II Xornada sobre o futuro das provincias" organizada pola Deputación de Ourense que preside Manuel Baltar.

En concreto á mesa redonda na que participaron Xosé Luis Barreiro Rivas, doutor en Ciencias Políticas e profesor da Universidade de Santiago; Guillermo Márquez Cruz, catedrático da Universidade de Santiago, e Luis Míguez Macho, doutor en Dereito e profesor desta mesma universidade. Nos seus relatorios abordaron desde a sua prespectiva o papel das deputacións no marco da reforma do goberno local.

E tamén asistin ao peche da Xornada, a cargo do secretario de Estado de Administracións Públicas, Antonio Beteta.

O responsable gubernamental, que atesora unha longa experiencia de servizo público - esbozou as liñas mestras do anteproxecto de racionalización e sostibilidade da Administración Local que chegará ao Congreso antes do verao, afirmando que será un elemento esencial para acelerar a saída da crise e que se articula sobre o principio básico una administración, unha competencia para conseguir maior eficacia e eficiencia. Primar a austeridade, asegurar o equilibrio orzamentario, reducir a ineficiencia, eliminar duplicidades, racionalizar o sector público e ser motor de crecimiento son os grandes obxectivos da norma.

Dixo que “imos aforrar máis de 7.000 millóns de euros, algo esencial para conseguir a estabilidade. Trátase dunha norma fondamente municipalista que avanza no saneamento financeiro dos entes locais, dando xogo ás deputacións e aos concellos porque chegou a hora do ámbito local".

Anunciou, ademais, que o segundo Plan de Pago a Proveedores que o Gobierno aprobará en breve incluirá as cantidades que as Comunidades Autónomas deben aos Concellos.

Asemade, Antonio Beteta asumiu o ofrecemento do presidente da corporación provincial, para que a deputación ourensá realice un plan piloto de "Racionalización da estrutura administrativa municipal", que se implantará nas demais deputacións de España a partires de xaneiro de 2014, unha vez aprobada a nova lei, "porque o que pretendemos con ela son mellores servizos, aforro e calidade". Engadiu que "queremos avanzar na simplificación administrativa, como fai a Deputación de Ourense, e tamén na administración electrónica e na xestión centralizada dos tributos".

Felicitar a Manuel Baltar por conseguir que a Deputación de Ourense fora elixida para por en marcha esta interesante experiencia piloto, que acredita o compromiso reformista e de atención aos cidadáns.


* Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es. 

Recibirá resposta. Grazas.