miércoles, 17 de abril de 2013

Datos de execución hipotecaria de 2012

A pasada semana o Colexio de Rexistradores deu a coñecer unha enquisa sobre a realidade hipotecaria máis actual en materia de execucións hipotecarias.

Estos son os datos facilitados, que tratan de aportar información obxectiva en números, e que o Colexio pretende que contribúan e dean solidez ao debate social suscitado nestes momentos no noso país sobre os lanzamentos de vivendas como consecuencia das execucións hipotecarias e a súa repercusión social.

Procedementos iniciados de execución hipotecaria:


Durante o pasado ano se expediron 65.778 certificacións por inicio de execución hipotecaria sobre vivenda. Como datos xerais máis relevantes para poñer en relación co dato anterior, no último ano o número de constitucións de hipoteca sobre vivenda rexistradas foron 274.583 (INE con datos do Colexio de Rexistradores). Tendo en consideración a diferenza temporal entre ambos feitos, un indicador relativo máis fiable sería a media anual de constitucións de hipoteca do periodo 2005-2007, que foi de 1.279.558 hipotecas. Nos últimos dez anos a media anual de constitucións de hipoteca foi de 871.366.

O 74,76% das execucións hipotecarias corresponderon a primeira vivenda. Este peso relativo garda unha significativa relación co peso relativo de vivendas principais publicada polo Ministerio de Fomento, onde se mostra que nos últimos cinco anos a media de vivendas principais foi do 69%. En consecuencia as diferenzas son reducidas, cunha lixeira maior presenza de primeira vivenda en certificacións por inicio de execución hipotecaria con respecto ao seu peso relativo.

Ademais, o 75,53% foron execucións iniciadas a españois e o 24,47% a estranxeiros. As nacionalidades estranxeiras con maior peso relativo foron ecuatorianos (5,74%), marroquíes (3,73%), británicos (2,14%) e rumanos (1,67%).

Adjudicacións por execución de hipoteca:

En 2012, foron 38.976 adxudicacións por execución de hipoteca sobre vivenda as rexistradas. A comparación coa cifra de certificaciones por inicio de execución hipotecaria (65.778) mostra a evolución actual no paso dunha situación a outra, que non teñen por que estar vinculadas de forma automática, debido a que as adxudicacións supoñen unha fase posterior bastante frecuente do inicio do proceso de execución que se produce coa certificación registral.

O 77,06% das adxudicacións por execución scorresponderon a primeira vivenda. Trátase dun dato sen dúbida significativo debido a que a perda da primeira vivenda ten un impacto social moi superior á segunda residencia ou outro tipo de fincas. Este resultado mantén a interpretación do aparatado anterior con respecto ao peso de vivendas principais no parque de vivendas (aproximadamente o 69%), dando lugar a un lixeiro maior peso de primeira vivenda nas adxudicacións.

Dacions en pago:

Finalmente, informa o Colexio, que durante o ano 2012, nos Rexistros houbo 14.229 dacions en pago sobre vivenda. A comparación co número de certificaciónss por inicio de execución hipotecaria e adxudicacións por execución de hipoteca mostra o peso relativo desta figura. A pesar do escaso uso que parecen ter as dacións, que representaron en 2012 unha quinta parte das execucións de hipoteca iniciadas, os datos demostran que se utiliza continuadamente na práctica bancaria habitual (representan o 36,5% das adxudicacións inscritas), aínda que poida ser suscitada de forma máis ou menos selectiva segundo as distintas entidades financeiras