miércoles, 17 de abril de 2013

Concellos financieiramente sostibles


Onte celebrouse unha importante reunión da Comisión Nacional de Administración Local (CNAL) na que o secretario de Estado de Administracións Públicas, Antonio Beteta recoñeceu o papel das Entidades Locais na redución do déficit público, ao reducilo en dous terzos nun ano e destacou que o novo plan de pago a proveedores, que se poñerá en marcha antes do verán, permitirá o pago de débedas das comunidades autónomas ás entidades locais.



Na citada reunión informou sobre unha modificación no artigo 32 da Lei Orgánica de Estabilidade Presupuestaria e Sostibilidade Financeira, que permitirá que aqueles concellos financieramente sostibles con superávit poidan investir nos seus municipios. Isto posibilitará que aqueles concellos que teñan remanente positivo poidan investir en proxectos de longo prazo, baixo determinadas condicións, porque aforraron e xestionaron ben.



Tamén o secretario de Estado informou que o Goberno está estudando unha posible nova fase do mecanismo de pago a proveedores das CCAA e EELL co fin de posibilitar o cumprimento dos prazos de pagos establecidos na normativa de medidas de loita contra a morosidade.



E que, nas próximas semanas, aprobaranse medidas excepcionais de saneamiento para concellos cun especial deterioro da súa situación económico-financeira para delimitar as situacións financeiras que se consideran problemáticas, establecer un catálogo de medidas que serían susceptibles de aplicarse e determinar criterios de condicionalidade fiscal que deberán cumprir as entidades locais.